AS MASCOTAS VAMI E BOPETA ENVÍANNOS UNHA CARTA.
NELA CÓNTANNOS QUE ESTE ANO, O SALÓN DO LIBRO E O ENTROIDO VAN ESTAR RELACIONADOS CÓ MUNDO DO CINE. QUE SABEMOS NÓS SOBRE O CINE?
- QUE VENDEN "PALOMITAS".
- A MÚSICA QUE SOA ESTÁ MOI ALTA.
- QUE HAI VARIOS PISOS E NUN MESMO PISO HAI VARIAS PELÍCULAS.
COMPROBAMOS QUE NON SABEMOS MOITO SOBRE ESTE TEMA ASÍ QUE CHEGA A HORA DE INVESTIGAR POR EQUIPOS E ESTES SERÁN OS NOSOS PUNTOS A INVESTIGAR:
- COMO XURDIU O CINE, QUEN O INVENTOU.
- QUE PRECISAMOS PARA FACER CINE.
- PROFESIÓNS RELACIONADAS CÓ CINE.
- XÉNEROS CINEMATOGRÁFICOS.
- CIDADES RELACIONADAS CÓ CINE
- COMO SE FAI UNHA PELÍCULA.
LEMBRADE QUE CADA NENA E NENO CONTARÁ AOS SEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS O QUE INVESTIGOU E PARA ISO PODEN TRAER AS SÚAS ANOTACIÓNS EN CARTOLINA OU PAPEL, ACOMPAÑADAS DE FOTOS SE O PRECISAN.
TEDES ATA O 31 DE XANEIRO PARA TRAER A CLASE OS TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN. ASÍ QUE ...
LUCES, CÁMARA E ACCIÓN!
COMEZAMOS!