Páginas

28/05/2024

SIMULACRO DE EMERXENCIA

ESTES DÍAS ESTIVEMOS PRACTICANDO PARA O SIMULACRO DE EMERXENCIA. E ESTE MÉRCORES TODO O ALUMNADO EVACUOU O COLEXIO CANDO O TIMBRE SOOU ANUNCIANDO UNHA EMERXENCIA, CON TOQUES INTERMITENTES.  FIXÉMOLO MOI BEN!!!

O MÁIS IMPORTANTE NUNHA SITUACIÓN DE EMERXENCIA É MANTER A CALMA, NON SE PODE CORRER NIN BERRAR, FACER A FILA  E SAÍR SEN EMPUXAR SEGUINDO AS INDICACIÓNS ATA A ZONA DE ENCONTRO SEGURA QUE NESTE CASO ERA A PISTA AZUL.  

AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHA INFORMACIÓN QUE MANEXAMOS:






25/05/2024

POEMAS DAS LETRAS GALEGAS

ESTE ANO DEDICAMOS AS NOSAS MASCOTAS  OS POEMAS DO CERTAME DE POESÍA QUE CELEBRAMOS NO COLE PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA VERSIÓN EN LSE COAS NOSAS VOCES.

3 ANOS A:


3 ANOS B:


OBRADOIRO DE FAMILIAS

ESTE VENRES TIVEMOS UN NOVO OBRADOIRO DE FAMILIAS.

ESTA VEZ ESTIVO CONNOSCO LIDIA, A NAI DE IVÁN, QUE NOS CONTOU 2 CONTOS EN GALEGO, CO GALLO DA CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS.

UN  DELES TITÚLASE "LA ARAÑA MUY OCUPADA" E O OUTRO "CHUVISCA".  


DESPOIS TROUXONOS MATERIAIS PARA TECER UNHA TELARAÑA NUN PRATO E TAMÉN MODELAMOS CON PLASTILINA UNHA ARAÑA.

FOI MOI DIVERTIDO! BOTÁDELLE UNHA OLLADA ÁS FOTOGRAFÍAS!


21/05/2024

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

O MARTES RECIBIMOS NO COLE AO GRUPO PESDELÁN CARACTERIZADOS COMA OS FOLIÓNS DE OURENSE, UNHA DAS DIFERENTES ACTIVIDADES REALIZADAS NO CENTRO PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
CON ELES CANTAMOS E BAILAMOS O SEU UNHA ESCOLMA SIGNIFICATIVA DA VARIEDADE DE BAILES DE ENTROIDO QUE EXISTEN NO MUNDO QUE RECOLLEN NO SEU TRABALLO "ENTROIDANZAS". 
AS NENAS E NENOS DE 3 ANOS BAILAMOS "FOLIÓN" CON AXÓUXERES NOS PÉS. FOI MOI DIVERTIDO!!!



O MÉRCORES REMATAMOS A CELEBRACIÓN CO RECITAL DE POESÍA.
NÓS RECITARMOS O POEMA DE "O VOITRE LEONADO" EN 3 ANOS A  E "O FLAMENGO" EN 3 ANOS B,  DEDICADOS AS NOSAS MASCOTAS DE AULA.
AGASALLÁRONNOS CUN LIBRO E CUN DIPLOMA.
FOI A NOSA PRIMEIRA EXPERIENCIA ENRIBA DO ESCENARIO. ESTIVEMOS ALGO NERVIOSOS!!!

17/05/2024

LETRAS GALEGAS 2024

 ESTE ANO DEDICAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS A LUÍSA VILLALTA. 

LUÍSA VILLALTA NACEU NA CORUÑA, O 15 DE XULLO DE 1957. ERA A PRIMEIRA FILLA DO MATRIMONIO DE RAFAEL E MARÍA DEL CARMEN, Á QUE SEGUIRÍA OUTRA FILLA, SUSANA. FIXO O BACHARELATO NO IES EUSEBIO DA GUARDA. FOI INTÉRPRETE DE VIOLÍN E PROFESORA DE GALEGO EN SECUNDARIA. TAMÉN FOI UNHA GRAN ESCRITORA. O SEU PRIMEIRO LIBRO FOI DE TEATRO: CONCERTO PARA UN HOME SÓ. ESTE ANO 2024 A REAL ACADEMIA GALEGA DEDÍCALLE O DÍA DAS LETRAS, O 17 DE MAIO.

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN XOGO QUE FIXEMOS NA AULA MOI DIVERTIDO SOBRE LUÍSA E A SÚA VIDA:

CANTAMOS E BAILAMOS ESTA CANTIGA: 

01/05/2024

OBRADOIRO DE FAMILIAS: CONTACONTOS " EL MOUNSTRUO DE COLORES, DOCTOR DE LAS EMOCIONES"

ESTA SEMANA  LARA E VANESSA, AS MAMÁS DE NAHIA E VALERIA, VIÑERON AO COLE PARA CONTARNOS O CONTO "EL MOUNSTRUO DE COLORES, DOCTOR DE LAS EMOCIONES"

ENSINÁRONNOS O SEU BOTIQUÍN, OS SEUS RECURSOS E FERRAMENTAS PARA REGULAR E CALMAR AS EMOCIÓNS DE RABIA, ANGUSTIA, TRISTEZA... 

ÁS VECES, ÁS NENAS E AOS NENOS DE 3 ANOS  O QUE MÁIS NOS CUSTA, COMO A NUNA, É POÑERLLE NOME A ISO QUE SENTIMOS, IDENTIFICAR AS EMOCIÓNS, POR ISO NA CASA E NO COLE AS PERSOAS ADULTAS CONVÉRTENSE A MIÚDO EN MÉDICAS COMA O MONSTRO DAS CORES PARA AXUDARNOS NA REGULACIÓN EMOCIONAL.

LARA E VANESSA AGASALLÁRONNOS CUN BOTIQUÍN COMO O DO MONSTRO DAS CORES PARA QUE PUIDÉSEMOS USAR NA CASA. FOI MOI DIVERTIDO!!


VOCABULARIO E PANXOLIÑAS DE NADAL EN LSE

ESTES DÍAS LEMBRAMOS O VOCABULARIO QUE APRENDEMOS O CURSO PASADO EN LSE SOBRE O NADAL . COMPARTÍMOLO CON VÓS POR SI PRECISADES RECORDALO! T...