miércoles, 29 de noviembre de 2023

25N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A SEMANA PREVIA AO 25 DE NOVEMBRO, ESTIVEMOS MOI ATAREFADAS E ATAREFADOS.

DURANTE A ASEMBLEA, DESCUBRIMOS QUE NON SÓ EXPRESAMOS NÓS OS NOSOS SENTIMENTOS E EMOCIÓNS!!

TAMÉN OS CADROS EXPRESAN AS EMOCIÓNS E OS SENTIMENTOS DA PINTORA OU PINTOR, INCLUSO AS PERSONAXES QUE APARECEN NESES CADROS, TAMÉN CONTAN, VISUALMENTE, COMO SE SENTEN.

APARECEU NA PANTALLA UNHA ESPECIE DE XOGO NO QUE,  AO IR QUITANDO AS DIFERENTES FICHAS QUE O CUBRÍAN APARECÍA ... UN CADRO DO QUE AÍNDA NON SABIAMOS NADA, PERO SOBRE O QUE IAMOS INVESTIGAR.


CON ESE CADRO TRABALLAMOS AS CORES QUE EMPREGOU O PINTOR, FIXEMOS HIPÓTESES SOBRE O QUE ÍA APARECENDO: QUE É, QUE LLE PASA, ... PARA FINALMENTE APRENDER O TÍTULO DO CADRO E O SEU AUTOR.

APROVEITAMOS "EL GRITO" DE MUNCH" (XA QUE AS NENAS E NENOS NOS CONTARON QUE A PERSONAXE QUE SAÍA NEL, ESTABA ASUSTADO)  PARA TRABALLAR FORMAS DE EVITAR CONFLITOS USANDO AS PALABRAS MÁXICAS: POR FAVOR, GRACIAS, PERDÓN, ... 

TAMÉN TRABALLAMOS AS HABILIDADES SOCIAIS, A EMPATÍA, QUE PODERIAMOS DICIRLLE Á PERSONAXE PARA QUE  SE SENTISE MELLOR?? PENSAMOS PALABRAS BONITAS PARA TRANQUILIZAR Á NOSA PERSONAXE E QUE MUDARA A SÚA CARA DE MEDO POR UNHA CARA DE CONTENTA, FELIZ. SAÍRON MOI BOAS PROPOSTAS: DARLLE UNHA APERTA, DARLLE UN BICO, COMPARTIR OS XOGUETES, DICIRLLE VÉN A XOGAR COMIGO, TRANQUILIZALO PARA QUE SE POÑA MÁIS CONTENTO...

E PLASMAMOS TODO NESTES CARTEIS CO LEMA: BERRAMOS CONTRA A VIOLENCIA

                                                    


 





viernes, 24 de noviembre de 2023

NOS TRATAMOS BIEN

 ESTES DÍAS ESTAMOS TRABALLANDO A CONVIVENCIA  E O RESPECTO DE CARA Á CELEBRACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO. ESTIVEMOS ANALIZANDO DIFERENTES SITUACIÓNS QUE SE PRESENTAN AO LONGO DO DÍA NO RECREO, NA AULA, NO PARQUE, NA CASA...   ASÍ COMO A IMPORTANCIA DE TRATARNOS BEN, DE RESPETARNOS...  TAMÉN FALAMOS DE  COMPORTAMENTOS QUE NON PODEMOS ACEPTAR, DE QUE ESTAMOS APRENDENDO , DE QUE PODEMOS EQUIVOCARNOS E BUSCAR SOLUCIÓNS...

FOI DE MOITA AXUDA PARA ABORDAR O TEMA O CONTO: "NOS TRATAMOS BIEN"

SE QUEREDES PODEDES PREMER NEL E VELO EN FAMILIA!!!

miércoles, 15 de noviembre de 2023

DEGUSTAMOS FROITAS CARNOSAS DO OUTONO

CONTINUAMOS TRABALLANDO SOBRE O OUTONO.

ESTA VEZ, TOCOULLE O TURNO ÁS FROITAS CARNOSAS.

XUNTÁMONOS AS DÚAS AULAS PARA TRABALLAR XUNTAS.

TROUXEMOS PERAS, MAZÁS, UVAS, MANDARINAS E MILGRANDAS AO "COLE" E ESTIVEMOS OBSERVANDO A SÚA COR E INCLUSO APRENDEMOS A DICIR OS SEUS NOMES EN LINGUA DE SIGNOS.

APROVEITAMOS PARA FACER SERIES TENDO EN CONTA A COR DAS MAZÁS, LEMBRAMOS QUE TEMOS QUE FACER ANTES DE TOCAR UN ALIMENTO (LAVAR AS MANS, LAVAR A FROITA SE A IMOS COMER COA PEL), E COMEZAMOS A PREPARAR UN PRATO POR EQUIPO COAS FROITAS QUE IAMOS POSTERIORMENTE A DEGUSTAR.

PROBAMOS AS FROITAS E ... ATA REPETIMOS!

TODAS E TODOS PROBAMOS E NOS DECATAMOS DE QUE ... NOS GUSTAN!






martes, 7 de noviembre de 2023

CONXUROS PARA QUE DESAPAREZAN OS MEDOS!!!

AQUÍ VOS DEIXAMOS OS CONXUROS MÁXICOS QUE FIXEMOS PARA  QUE  DESAPARECESEN  OS NOSOS  MEDOS. 

GRUPO A


GRUPO B


XA NON TEMOS MEDOS!!!!

miércoles, 1 de noviembre de 2023

FESTA DE SAMAÍN!

 CHEGOU O DÍA DE FESTEXAR SAMAÍN NO "COLE"!

ESTIVEMOS VENDO TODAS AS CABAZAS QUE TROUXEMOS ESTES DÍAS E AS COLOCAMOS FACENDO UNHA EXPOSICIÓN NA ENTRADA DAS AULAS.




COMO ESTES DÍAS ESTIVEMOS TRABALLANDO SOBRE OS MEDOS, INVENTAMOS UN CONXURO PARA NON VOLVER A TER MEDO AOS CROCODILOS, CABALOS, DINOSAUROS, BRUXAS, LOBOS, MONSTROS, VAMPIROS, O SANGUE, ... E POR SUPOSTO,...

NON PODÍA FALTAR UNHA POCIÓN MÁXICA PARA ISO!.




TIVEMOS QUE REPOÑER FORZAS COAS MERENDAS TERRORÍFICAS QUE TROUXEMOS PORQUE AÍNDA NOS QUEDABA O BAILE NO PATIO.





CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

 POR FIN COÑECEMOS A BIBLIOTECA DE LAMPI!

QUE ILUSIÓN, IMOS VISITAR O "COLE" DOS MAIORES!

AO CHEGAR Á PORTA, ESTANOS A ESPERAR PAPÁ ANTÍO, QUE NOS TEN PREPARADA UNHA SORPRESA ...


... DEIXOUNOS UN CONTO DE SAMAÍN!



GUSTOUNOS TANTO ESTA SESIÓN DE CONTACONTOS, QUE XA ESTAMOS A ESPERAR POLA SEGUINTE!



25N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A SEMANA PREVIA AO 25 DE NOVEMBRO , ESTIVEMOS MOI ATAREFADAS E ATAREFADOS. DURANTE A ASEMBLEA, DESCUBRIMOS QUE NON SÓ EXPRESAMOS NÓS OS NOSO...