Páginas

29/11/2023

25N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A SEMANA PREVIA AO 25 DE NOVEMBRO, ESTIVEMOS MOI ATAREFADAS E ATAREFADOS.

DURANTE A ASEMBLEA, DESCUBRIMOS QUE NON SÓ EXPRESAMOS NÓS OS NOSOS SENTIMENTOS E EMOCIÓNS!!

TAMÉN OS CADROS EXPRESAN AS EMOCIÓNS E OS SENTIMENTOS DA PINTORA OU PINTOR, INCLUSO AS PERSONAXES QUE APARECEN NESES CADROS, TAMÉN CONTAN, VISUALMENTE, COMO SE SENTEN.

APARECEU NA PANTALLA UNHA ESPECIE DE XOGO NO QUE,  AO IR QUITANDO AS DIFERENTES FICHAS QUE O CUBRÍAN APARECÍA ... UN CADRO DO QUE AÍNDA NON SABIAMOS NADA, PERO SOBRE O QUE IAMOS INVESTIGAR.


CON ESE CADRO TRABALLAMOS AS CORES QUE EMPREGOU O PINTOR, FIXEMOS HIPÓTESES SOBRE O QUE ÍA APARECENDO: QUE É, QUE LLE PASA, ... PARA FINALMENTE APRENDER O TÍTULO DO CADRO E O SEU AUTOR.

APROVEITAMOS "EL GRITO" DE MUNCH" (XA QUE AS NENAS E NENOS NOS CONTARON QUE A PERSONAXE QUE SAÍA NEL, ESTABA ASUSTADO)  PARA TRABALLAR FORMAS DE EVITAR CONFLITOS USANDO AS PALABRAS MÁXICAS: POR FAVOR, GRACIAS, PERDÓN, ... 

TAMÉN TRABALLAMOS AS HABILIDADES SOCIAIS, A EMPATÍA, QUE PODERIAMOS DICIRLLE Á PERSONAXE PARA QUE  SE SENTISE MELLOR?? PENSAMOS PALABRAS BONITAS PARA TRANQUILIZAR Á NOSA PERSONAXE E QUE MUDARA A SÚA CARA DE MEDO POR UNHA CARA DE CONTENTA, FELIZ. SAÍRON MOI BOAS PROPOSTAS: DARLLE UNHA APERTA, DARLLE UN BICO, COMPARTIR OS XOGUETES, DICIRLLE VÉN A XOGAR COMIGO, TRANQUILIZALO PARA QUE SE POÑA MÁIS CONTENTO...

E PLASMAMOS TODO NESTES CARTEIS CO LEMA: BERRAMOS CONTRA A VIOLENCIA

                                                    


 





No hay comentarios:

Publicar un comentario

VOCABULARIO E PANXOLIÑAS DE NADAL EN LSE

ESTES DÍAS LEMBRAMOS O VOCABULARIO QUE APRENDEMOS O CURSO PASADO EN LSE SOBRE O NADAL . COMPARTÍMOLO CON VÓS POR SI PRECISADES RECORDALO! T...