AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGÚN VOCABULARIO EN GALEGO E LSE SOBRE A FESTA DO SAMAÍN QUE ESTAMOS A TRABALLAR NAS AULAS ESTES DÍAS.
ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 5º DE EI, UNHA PEQUENA VENTÁ A TRAVÉS DA CAL COMPARTIREMOS O QUE VAIA ACONTECENDO NAS AULAS.
28/10/2023
26/10/2023
PREPARÁMONOS PARA O SAMAÍN!
ESTES DÍAS ANDAMOS MOI ATAREFADAS E ATAREFADOS FACENDO ACTIVIDADES RELACIONADAS CÓ SAMAÍN.
XA DECORAMOS A PORTA DE ENTRADA ÁS AULAS ...
TAMÉN ESTAMOS A ELABORAR UNHA COROA DE CABAZA, MORCEGOS, ...
... E CONTINUAMOS APRENDENDO VOCABULARIO DESTA FESTA COA CANCIÓN DE PACO NOGUEIRAS EN LÍNGUA DE SIGNOS.
18/10/2023
CANTIGA DE SAMAÍN
O PAPÁ DE ANTÍO PEQUENO E ANTIÍÑO ANDA POLO COLE E VEU ANUNCIAR QUE LLE GUSTA MOITO A FESTA DO SAMAÍN E QUERE QUE LLE AXUDEMOS A PREPARALA.
SABEDES QUE SAMAÍN SIGNIFICA "FIN DO VERÁN"?.
OS CELTAS, REMATADAS AS COLLEITAS, CELEBRABAN A CHEGADA DUN NOVO ANO A ÚLTIMA NOITE DO MES DE OUTUBRO.
TAMÉN PREPARABAN RITUAIS SOBRE A VOLTA DOS MORTOS AO MUNDO DOS VIVOS, E PARA GUIALOS, DEIXABAN CABAZAS BALEIRAS CON CANDEAS ACENDIDAS NAS ENTRADAS DAS CASAS, TAMÉN COMIDA E BEBIDA A MODO DE OFRENDA.
POIS BEN, ESTA É A CANTIGA QUE IMOS PREPARAR PARA O DÍA DA GRAN FESTA DO SAMAÍN NO COLE.
ANIMÁDEVOS A CANTALA E A BAILALA! É MOI DIVERTIDA!
16/10/2023
CARTA DE LAMPI
CONVIDOUNOS A VISITAR A BIBLIOTECA E A EMPRESTARNOS ALGÚNS LIBROS CON HISTORIAS E PERSONAXES MÁXICOS DO SAMAÍN.
A TRAVÉS DESTAS LECTURAS ACHEGARÉMONOS Á EMOCIÓN DO MEDO.QUE COUSAS NOS DAN MEDO? SON REAIS OU IMAXINARIAS? COMO PODEMOS SUPERAR ESES MEDOS?
AQUÍ VOS AMOSAMOS ALGÚNS DOS CONTOS CÓS QUE TRABALLAMOS
03/10/2023
ANTIÍÑO E ANTÍO PEQUENO, ANÚNCIANNOS QUE ... CHEGOU O OUTONO!!
XA ESTAMOS NO OUTONO!!! AS FOLLAS CAEN, O VENTO SOPRA, O CEO ÉNCHESE DE NUBES, RECUPERAMOS O PARAUGAS E O ABRIGO. O CHAN CÓBRESE CON FOLLAS AMARELAS, VERMELLAS E MARRÓNS.
PERO ESTE ANO O OUTONO ESTÁ UN POUCO TOLO!
MENOS MÁL QUE CHEGARON ANTIÍÑO E ANTÍO PEQUENO ÁS AULAS PARA AVISARNOS!
ANTÍO PEQUENO E ANTIÍÑO SON UNS ESQUÍOS QUE SEMPRE, SEMPRE, SEMPRE; APARECEN NO "COLE" PARA AVISARNOS DA CHEGADA DO OUTONO.
ÁS VECES, TRÁENNOS AGASALLOS RELACIONADOS CÓ OUTONO: FROITOS SECOS, FOLLAS, XOGOS, CONTOS, ... PARA TRABALLAR CON ELES.
POR EXEMPLO, AGORA ESTAMOS APRENDENDO TIPOS DE FROITOS SECOS: CASTAÑAS, AVELÁS, NOCES, ...
... E TAMÉN ESTAMOS A APRENDER ESTA CANTIGA. ANIMÁDEVOS A CANTAR CONNOSCO!
VOCABULARIO E PANXOLIÑAS DE NADAL EN LSE
ESTES DÍAS LEMBRAMOS O VOCABULARIO QUE APRENDEMOS O CURSO PASADO EN LSE SOBRE O NADAL . COMPARTÍMOLO CON VÓS POR SI PRECISADES RECORDALO! T...
-
PARA INAUGURAR OS OBRADOIROS DE FAMILIAS DESTE ANO, COMEZAMOS CUNHA VIAXE A VIETNAM ONDE APRENDEREMOS UN POUCO SOBRE A CULTURA VIETNAMITA: ...
-
A VOLTA DE NADAL ESTIVO MARCADA POR 2 ACONTECIMENTOS NA AULA . O PRIMEIRO DELES FOI A DESPEDIDA DE ANTIÍÑO, A MASCOTA DO OUTONO. CANDO REM...
-
O 30 DE XANEIRO CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ , DA NON VIOLENCIA, DA RESOLUCIÓN PACÍFICA DE CONFLITOS. DENDE A ESCOLA PROMOVEMOS A TOLERANCIA, O ...