Páginas

27/04/2024

OBRADOIRO DE FAMILIAS: XOGAMOS Á LOTERÍA!

ESTE VENRES VEU GIOVANA E TANIA, A NAI E A TÍA DE AMAIA PARA ENSINARNOS A XOGAR Á "LOTERÍA".

A MAMÁ DE AMAIA NACEU EN MÉXICO E QUIXO ENSINARNOS UN DOS XOGOS MÁIS COÑECIDOS NO SEU PAÍS  "A  LOTERÍA".  É UN XOGO DE AZAR NO QUE SE EMPREGAN CARTAS CON IMAXES E CARTÓNS CON DIFERENTES COMBINACIÓNS.  EN REALIDADE TEN A MESMA DINÁMICA QUE O BINGO.  

NÓS XOGAMOS COAS FOTOS E  NOMES DAS NENAS E DOS NENOS DAS DÚAS AULAS, CADA  CARTÓN TIÑA  9 FOTOS. 
TIÑAMOS QUE ESTAR MOI  ATENTAS E ATENTOS Á CARTA QUE SAÍA DA BARALLA NA PANTALLA  E SE TIÑAMOS A FOTO DA NENA OU NENO NO NOSO CARTÓN POÑIÁMOSLLE ENRIBA UNHA FABA. AO COMPLETAR O CARTÓN COAS 9 FABAS TIÑAMOS QUE BERRAR "LOTERÍA". OS PREMIOS ERAN PAUCIÑOS DE PAN.

AO PRINCIPIO COSTOUNOS ENTENDER A MECÁNICA DO XOGO, PERO UNHA VEZ QUE O PILLAMOS  ...  FOI MOI DIVERTIDO!!!


24/04/2024

AMADRIÑAMENTO E APADRIÑAMENTO LECTOR

AO LONGO DESTA SEMANA  APROVEITANDO QUE O DÍA 23 DE ABRIL FOI O DÍA DO LIBRO, AS ALUMNAS E ALUMNOS DE SEXTO DE PRIMARIA AMADRIÑARON E APADRIÑARON AOS NOSOS CATIVOS NO PATIO DO COLEXIO.

OS MAIORES ESCOLLERON O LIBRO QUE NOS ÍAN CONTAR E NÓS ...  ESCOITÁMOLOS ATENTAMENTE!




APRENDEMOS ANIMAIS DOMÉSTICOS E SALVAXES EN LSE

ESTES DÍAS ESTIVEMOS VISUALIZANDO DIFERENTES ANIMAIS E CLASIFICÁNDOOS EN DOMÉSTICOS E SALVAXES. TAMÉN ESTIVEMOS PENSANDO CAL DELES PODERÍA SER A NOSA MASCOTA DE AULA???

ESTAS SON  ALGUNHAS CANTIGAS SOBRE ANIMAIS QUE ESTAMOS A CANTAR E NOS GUSTAN MOITO:



17/04/2024

COMO NACEN OS PITIÑOS?

APROVEITANDO QUE ESTAMOS ELIXINDO AS MASCOTAS QUE QUEREMOS TER NA AULA, TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE APRENDER COUSAS SOBRE COMO NACEN AS AVES DE GRANXA.

AS AVES NACEN DE OVOS. SON TODOS DIFERENTES, TANTO NO TAMAÑO COMO NA COR.


OS PITIÑOS TARDAN 21 DÍAS EN NACER DO OVO
IMOS TER A POSIBILIDADE DE OBSERVAR, GRAZAS A UNHA INCUBADORA, COMO É O NACEMENTO DUN PITIÑO.
REXISTRAREMOS OS 21 DÍAS QUE TEÑEN QUE PASAR ATA QUE POIDAMOS VER UN PITIÑO DE VERDADE.
TAMÉN APRENDEMOS A IDENTIFICAR SE UN OVO ESTÁ EN PERFECTAS CONDICIÓNS PARA CONSUMIR GRAZAS AO TRUCO DE POÑELO NUN RECIPIENTE CON AUGA.
SE O OVO FLOTA ... NON O COMAS!!



SOMOS CAPACES DE RECOÑECER UNHA GALIÑA E UN GALO PERO ... SABIADES RECOÑECER A ESTAS AVES?







SAÍDA AO TEATRO

HOXE FOMOS  EN AUTOBÚS  ATA O EDIFICIO DE  AFUNDACIÓN PARA VER A OBRA DE TEATRO DE MARIONETAS "PINGÜÍN". ESTABAMOS MOI EMOCIONADOS PORQUE FOI A PRIMEIRA SAÍDA DO COLE!!

A FAMILIA PINGÜÍN PROTAGONIZA ESTA HISTORIA. MAMÁ PINGÜÍN POLAS MAÑÁS COIDA DA CASA E POLAS TARDES PESCA. O PAPÁ PINGÜÍN POLAS MAÑÁS PESCA E POLAS TARDES COIDA DA CASA. O SEU FILLO, O PEQUENO BOBO, FAI O QUE MÁIS LLE GUSTA "COMER E XOGAR". UN DÍA A SÚA NAI DILLE QUE VAI TER UN IRMANCIÑO E BOBO SÉNTESE COMA  "O PRINCIPE DESTRONADO". AO PRINCIPIO CÚSTALLE ACEPTALO, PERO DESPOIS DUNHA INCRIBLE AVENTURA COMPRENDE QUE GAÑOU UN AMIGO PARA TODA A VIDA, O SEU IRMÁN BUBU.

DEIXÁMOSVOS AQUÍ UN VÍDEO CUN ANACO DA OBRA. FOI MOI DIVERTIDA!!

11/04/2024

AS PALABRAS MÁXICAS

HOXE RECIBIMOS UNHA CAIXA SORPRESA DENTRO ESTABAN "AS PALABRAS MÁXICAS".LEVAMOS UN TEMPO EMPREGANDO ALGUNHAS  PALABRAS NA AULA CON PODERES SORPRENDENTES COMO: "BOS DÍAS", "GRACIAS", "PERDÓN" E "POR FAVOR" .  COLGÁMOLAS NA AULA PARA TELAS MOI PRESENTES E NON ESQUECELAS.

CADA VEZ QUE USAMOS ESTAS PALABRAS CULTIVAMOS O RESPECTO, OS BOS MODAIS, A EDUCACIÓN EMOCIONAL E A CONVIVENCIA. INCORPORAR ESTAS PALABRAS DE CORTESÍA NAS INTERACCIÓNS DIARIAS MELLORA AS NOSAS HABILIDADES SOCIAIS E ATA A PERCEPCIÓN QUE A OUTRA PERSOA TEN DE QUEN AS EMPREGA. A INTEGRACIÓN DESTAS PALABRAS REQUIRE TAMÉN DA IMPRESCINDIBLE MODELAXE DOS ADULTOS EN DIFERENTES CONTEXTOS PARA FINALMENTE CONVERTERSE EN BOS HÁBITOS QUE NOS ACOMPAÑARÁN TODA A VIDA.

ESTES DÍAS REFLEXIONAMOS SOBRE OS PODERES  MÁXICOS DALGUNHAS PALABRAS E DE  COMO A SÚA EXPRESIÓN NOS FAI SENTIR MELLOR. VISIONAMOS ESTE CONTO E FALAMOS SOBRE EL.

TAMÉN CANTAMOS ESTA CANCIÓN QUE NOS GUSTOU MOITO!!!

NON ESQUEZADES PRACTICALAS!!!


05/04/2024

OBRADOIRO DE FAMILIAS: IMAXE PERSOAL

ESTE XOVES TIVEMOS UN NOVO OBRADOIRO DE FAMILIAS.!

ESTA VEZ FOI UN OBRADOIRO A CARGO DE LARA, SANDRA E MÓNICA; MAMÁS DE NAHIA, PABLO, LARA E MARTINA.

NESTE OBRADOIRO COA AXUDA DAS FAMILIAS, AS NENAS E NENOS PUIDERON MAQUILLARSE, PINTAR OU DECORAR AS UÑAS, PEITEARSE E XOGAR NO RECANTO DE XOGO SIMBÓLICO CUN LAVACABEZAS, TOALLAS, BOTES DE CHAMPÚ BALEIROS, PINZAS, RULOS, SECADORES, ...

ALGÚNS ANIMÁRONSE RÁPIDO A XOGAR E A OUTROS NON LLES GUSTOU MOITO MAQUILLARSE PERO EN XERAL ... PASÁMOLO MOI BEN!








VOCABULARIO E PANXOLIÑAS DE NADAL EN LSE

ESTES DÍAS LEMBRAMOS O VOCABULARIO QUE APRENDEMOS O CURSO PASADO EN LSE SOBRE O NADAL . COMPARTÍMOLO CON VÓS POR SI PRECISADES RECORDALO! T...