APROVEITANDO QUE ESTAMOS ELIXINDO AS MASCOTAS QUE QUEREMOS TER NA AULA, TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE APRENDER COUSAS SOBRE COMO NACEN AS AVES DE GRANXA.
AS AVES NACEN DE OVOS. SON TODOS DIFERENTES, TANTO NO TAMAÑO COMO NA COR.
OS PITIÑOS TARDAN 21 DÍAS EN NACER DO OVO.
IMOS TER A POSIBILIDADE DE OBSERVAR, GRAZAS A UNHA INCUBADORA, COMO É O NACEMENTO DUN PITIÑO.
REXISTRAREMOS OS 21 DÍAS QUE TEÑEN QUE PASAR ATA QUE POIDAMOS VER UN PITIÑO DE VERDADE.
TAMÉN APRENDEMOS A IDENTIFICAR SE UN OVO ESTÁ EN PERFECTAS CONDICIÓNS PARA CONSUMIR GRAZAS AO TRUCO DE POÑELO NUN RECIPIENTE CON AUGA.
SE O OVO FLOTA ... NON O COMAS!!
SOMOS CAPACES DE RECOÑECER UNHA GALIÑA E UN GALO PERO ... SABIADES RECOÑECER A ESTAS AVES?
No hay comentarios:
Publicar un comentario