A NÓS DEUNOS UNHA VISITA MOI RAPIDIÑA PORQUE ALGÚNS TIÑÁMOSLLE ALGO DE MEDO!!!
ESTÁ DESEXANDO QUE O VAIAMOS VISITAR AO SALÓN DO LIBRO NO PAZO DA CULTURA. ANIMÁDEVOS HAI MOITAS ACTIVIDADES!!
ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 5º DE EI, UNHA PEQUENA VENTÁ A TRAVÉS DA CAL COMPARTIREMOS O QUE VAIA ACONTECENDO NAS AULAS.
A NÓS DEUNOS UNHA VISITA MOI RAPIDIÑA PORQUE ALGÚNS TIÑÁMOSLLE ALGO DE MEDO!!!
ESTÁ DESEXANDO QUE O VAIAMOS VISITAR AO SALÓN DO LIBRO NO PAZO DA CULTURA. ANIMÁDEVOS HAI MOITAS ACTIVIDADES!!
ESTA SEMANA NO OBRADOIRO DE FAMILIAS RECIBIMOS A PILAR, A MAMÁ DE XOEL.
PILAR CONTOUNOS O CONTO DE "ELMER", O ELEFANTE DE CORES NA BIBLIOTECA DO "COLE" A TODAS AS NENAS E TODOS OS NENOS DE 3 ANOS.
DESPOIS DA LECTURA DEUNOS UNS DEBUXOS DE ELMER PARA QUE COLOREÁSEMOS COMO MÁIS NOS GUSTASE.
PARA REMATAR DEUNOS UNS PUZZLES DE ELMER NOS QUE TIÑAMOS QUE ORDENAR OS NÚMEROS. SON MOI DIVERTIDOS!!!
GRAZAS PILAR POLA TÚA VISITA, PASÁMOLO MOI BEN!!!
HOXE RECIBIMOS NAS AULAS A VISITA DE VILATRASNO!!!
XA ESTÁ LISTO PARA MARCHAR AO SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA.
ALÍ ESPERA QUE O VAIADES VISITAR COA FAMILIA!! TAMÉN PODEREDES VER O LIBRO DE COMO SE FIXO ESTE TRASNIÑO.
COMO XA SABEREDES NÓS FIXÉMOSLLE AS MANS E AGASALLÁMOLO CUN AMULETO DE CORAZÓN QUE DÁ O PODER DE FALAR COAS MANS.
PRECISAMENTE FOI O 25 DE FEBREIRO DE 1957 CANDO SE REALIZOU
O PRIMEIRO IMPLANTE COCLEAR, A CARGO DOS DOUTORES FRANCESES ANDRÉ DJOURNO E CHARLES
EYRIÈS. ELES FIXERON HISTORIA AO FACER OÍR A UNHA PERSOA TOTALMENTE XORDA.
UN IMPLANTE COCLEAR CONSTA DE DÚAS PARTES:
1. UN PROCESADOR DE AUDIO EXTERNO QUE SE COLOCA PRETO DA ORELLA.
2. UN IMPLANTE COCLEAR INTERNO COLOCADO CIRURXICAMENTE DEBAIXO DA PEL, QUE ESTIMULA ELECTRICAMENTE AS FIBRAS NERVIOSAS DA CÓCLEA PARA QUE O CEREBRO INTERPRETE O SON, EVITANDO AS PARTES DO OÍDO INTERNO QUE NON FUNCIONAN.
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN CONTIÑO QUE NOS GUSTOU MOITO SOBRE OS IMPLANTES.
TAMÉN RECIBIMOS UN AGASALLO MOI ESPECIAL "UNHA BONECA CON IMPLANTE COCLEAR" PARA XOGAR O RECANTO DA CASIÑA.
ESTE ANO O TEMA DO SALÓN DO LIBRO É "A MAXIA" É POR ISTO QUE O ENTROIDO RELACIONÁMOLO CON ESTE TEMA, LEMBRADE QUE O NOSO DISFRACE ERA DE TRASNO.
XA QUE TEMOS AO TRASNO DO "COLE" RONDANDO POLAS NOSAS AULAS, PARA O SALÓN DO LIBRO IMOS ELABORAR (ENTRE TODO O ALUMNADO) UN TRASNO PEQUERRECHIÑO E UN LIBRO COA SÚA HISTORIA.
A 3 ANOS TOCOUNOS ELABORAR AS MANS DO TRASNO E UN AMULETO CO PODER MÁXICO DE "FALAR COAS MANS", ASÍ PODERASE COMUNICAR CON CALQUERA PERSOA, SEXA DE PONTEVEDRA, CHINA OU NA LÚA.
XA VEDES QUE AS MANS SON SUPER IMPORTANTES, SE SABEMOS FALAR CON ELAS PODEREMOS FALAR CON CALQUERA.
COMEZAMOS COS OBRADOIROS DE FAMILIAS. NESTE MES DE FEBREIRO PARA CONMEMORAR O DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA IMOS LEVAR A CABO OBRADOIROS RELACIONADOS COA EXPERIMENTACIÓN.
BELÉN, A NAI DE MIGUEL, VEU LER O CONTO "O PEIXE ARCO DA VELLA".
DESPOIS REALIZAMOS UN OBRADOIRO DE "PEIXIÑOS MÁXICOS", ONDE NUN PRATO TIÑAMOS QUE DEBUXAR CON ROTULADOR PEIXIÑOS.
CUN "GOTEIRO" ENGADIMOS AUGA AOS NOSOS DEBUXOS PARA DESPEGAR AOS NOSOS PEIXIÑOS E ... MOVENDO AMODIÑO CONSEGUIMOS DESPEGALOS!
CON TATI, A NAI DE FABIO FIXEMOS UN OBRADOIRO CON "LUZ NEGRA".
PRIMEIRO CONTOUNOS UN CONTO SOBRE AS EMOCIÓNS ¿QUE BIGOTES ME PASA? E DESPOIS ... FÍXOSE A MAXIA!
O CONTO BRILLABA!
TAMÉN TIVEMOS MESAS SENSORIAIS CON DIFERENTES MATERIAIS NOS CALES FOMOS ROTANDO.
GUSTÁRONNOS MOITO OS DOUS OBRADOIROS.
MOITAS GRAZAS MAMIS POR VIR A VISITARNOS!
ESTA É A CANTIGA E O BAILE PARA O DESFILE DE ENTROIDO. COMPARTÍMOLA PARA QUE A BAILEDES TAMÉN NA CASA!! A BAILAR!!!
AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGÚN DO VOCABULARIO QUE TRABALLAMOS NA AULA ESTES DÍAS PARA A CELEBRACIÓN DO ENTROIDO.
ESTES DÍAS LEMBRAMOS O VOCABULARIO QUE APRENDEMOS O CURSO PASADO EN LSE SOBRE O NADAL . COMPARTÍMOLO CON VÓS POR SI PRECISADES RECORDALO! T...