Páginas

20/01/2024

CANTIGA PARA O DÍA DA PAZ

O 30 DE XANEIRO CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ, DA NON VIOLENCIA, DA RESOLUCIÓN PACÍFICA DE CONFLITOS. DENDE A ESCOLA PROMOVEMOS A TOLERANCIA, O RESPECTO, A SOLIDARIEDADE, A CONCORDIA E A CONVIVENCIA PACÍFICA.

ESTA É A CANTIGA QUE TODAS E TODOS IMOS CANTAR ESE DÍA NO MOMENTO DA CELEBRACIÓN. POÑÉDEA NA CASA E CANTADE CON NÓS!!! O ESTRIBILLO É MOI SINXELO ANIMÁDEVOS!!!


19/01/2024

Á VOLTA DE NADAL ... SORPRESA!

 A VOLTA DE NADAL ESTIVO MARCADA POR 2 ACONTECIMENTOS NA AULA.

O PRIMEIRO DELES FOI A DESPEDIDA DE ANTIÍÑO, A MASCOTA DO OUTONO.

CANDO REMATA O OUTONO, ANTIÍÑO TEN QUE VOLVER CÓ SEU PAI ANTÍO AO SOUTO, TEN QUE VOLVER AO SEU "COLE", VER AOS SEUS AMIGOS, ...

FIXÉMOSLLE UNHA DESPEDIDA MOI CHULA!

QUEDÁMONOS UN POUCO TRISTE, PERO LAMPI, A MASCOTA DA BIBLIOTECA MANDOUNOS UNHA CARTA ONDE SE COMPROMETE A IR A MASCOTILANDIA PARA VER SE HAI ALGUNHA MASCOTA LIBRE QUE BUSQUE PASAR TEMPO NO "COLE" CONNOSCO.

XA VOS IREMOS CONTANDO.

O SEGUNDO ACONTECEMENTO FOI QUE AO VOLVER Á CLASE, APARECERON ... UNHA MOREA DE AGASALLOS!

CONTOS, XOGUETES DE CONSTRUCIÓN, CREBACABEZAS, ... PARA QUE POIDAMOS XOGAR AS NENAS E OS NENOS XUNTOS!




VOCABULARIO E PANXOLIÑAS DE NADAL EN LSE

ESTES DÍAS LEMBRAMOS O VOCABULARIO QUE APRENDEMOS O CURSO PASADO EN LSE SOBRE O NADAL . COMPARTÍMOLO CON VÓS POR SI PRECISADES RECORDALO! T...