Páginas

30/10/2024

CELEBRAMOS O MAGOSTO

CHEGOU O GRAN DÍA!!! 
COMEZAMOS CUNHA XINCANA DE XOGOS CON CASTAÑAS AO AIRE LIBRE: RELEVOS, COMECASTAÑAS, CASTAÑA POR DETRÁS, BAILE DOS AROS, CARACOIS...
"XOGOS CASTAÑEIROS" PARA REALIZAR EN EQUIPO, POÑENDO A PROBA AS NOSAS HABILIDADES, A CREATIVIDADE... 
PERO SOBRE TODO PARA DIVERTIRNOS!!!


DESPOIS CANTAMOS A CANTIGA EN LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA "O OUTONO XA CHEGOU" DE UXÍA A LAMBONA ADAPTADA POLA INTÉRPRETE ASIGNADA AO NOSO CENTRO.

REMATAMOS COMENDO AS RICAS CASTAÑAS ASADAS POR ALGUNHAS FAMILIAS COLABORADORAS DO COLE. TAMÉN TEMOS QUE AGRADECER AOS MAIORES DE 6º QUE NOS AXUDARON A PELAR AS CASTAÑAS.

15/10/2024

RECOLLIDA DE ELEMENTOS DO OUTONO

ESTA SEMANA AS NENAS, OS NENOS E AS SÚAS FAMILIAS FORON DAR UN PASEO PARA RECOLLER ELEMENTOS DA NATUREZA PROPIOS DESTA ESTACIÓN DO OUTONO. TROUXERON FOLLAS DE DIFERENTES ÁRBORES, PIÑAS, CASTAÑAS, ABELÁS, NOCES, LANDRAS, BUGALLOS, ESPIGAS DE MILLO, PAUS...CADA NENA E NENO ENSINOU AOS DEMAIS TODO O QUE RECOLLERA NA SAÍDA. DESTE XEITO TRABALLAMOS TODO ESTE VOCABULARIO E INCORPORAMOS A LSE PARA CADA ELEMENTO.

DESPOIS MANIPULAMOS TODOS ESTES ELEMENTOS PARA CLASIFICALOS

A CONTINUACIÓN IDENTIFICAMOS TODOS OS ELEMENTOS COS SEUS NOMES E FIXEMOS UNHAS TARXETAS.

O RESULTADO FOI UNHA FANTÁSTICA MESA DE OUTONO CON MOITAS POSIBILIDADES PARA XOGAR!

11/10/2024

PREPARÁNDONOS PARA O MAGOSTO!

XA FALTA MENOS PARA A FESTA QUE MÁIS LLE GUSTA A ANTÍO: "O MAGOSTO". ESTIVO PREPARANDO ESTE VÍDEO COA NOSA INTÉRPRETE  DE LSE PARA QUE POIDAMOS COÑECER MOITO VOCABULARIO RELACIONADO CON ESTA TRADICIONAL FESTA GALEGA. BOTÁDELLE UNHA OLLADA!! COÑECÉDELAS TODAS???



SAÍDA DE OUTONO!!!

APROVEITANDO OS RECURSOS DO MEDIO NATURAL HOXE SAÍMOS DAR UNHA VOLTA POLO COLE PARA OBSERVAR AS ÁRBORES NO OUTONO. DESCUBRIMOS ÁRBORES DE FOLLA CADUCA, ÁS QUE LLES CAEN AS FOLLAS, E ÁRBORES DE FOLLA PERENNE QUE MANTEÑEN AS FOLLAS AO LONGO DE TODO O ANO.

 IDENTIFICAMOS ALGUNHAS ÁRBORES: UN CASTIÑEIRO, UNHA NOGUEIRA E UNHA ABELEIRA. TAMÉN RECOLLEMOS ALGUNHAS NOCES E ABELÁS.

 REMATANDO A SAÍDA ATOPAMOS COGOMELOS. FOI UNHA SAÍDA MOI DIVERTIDA!!!


10/10/2024

CANTIGA PARA A CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

TEMOS CANTIGA PARA O MAGOSTO!! IMOS INTERPRETAR NO PATIO A CANTIGA DE UXÍA A LAMBONA "O OUTONO" EN LSE; GRAZAS Á INTÉRPRETE DE LINGUA DE SIGNOS DO NOSO COLE. É UNHA CANTIGA MOI DIVERTIDA E AXEITADA PARA ESTAS DATAS. BOTÁDELLE UNHA OLLADA E ANIMÁDEVOS A BAILAR!!

09/10/2024

CARTA DE ANTÍO

 ESTA SEMANA TIVEMOS UNHA SORPRESA.                                                                       ALGUÉN NOS ENVIOU UNHA CARTA DENDE MASCOTILANDIA. SABEDES QUEN?

ANTÍO!!

ANTÍO MEDROU MOITO NESTE VERÁN. ESTÁ MOITO MÁIS GRANDE!                      DEIXOU CARTAS POR TODAS AS AULAS PARA AVISARNOS DA SÚA CHEGADA!


TAMÉN NOS DEIXOU UN ENCARGO, APRENDER UNHA CANTIGA PARA O MAGOSTO. A SÚA FESTA PREFERIDA!
HOXE DECIDIMOS FACERLLE UNHA VISITA PARA ACARIÑALO, DARLLE APERTAS, ..., EL AGASALLOUNOS CUN CONTO PARA LER.
É QUE FACÍA MOITO TEMPO QUE NON O VIAMOS!



02/10/2024

BENVIDO OUTONO!

ESTA ESTACIÓN DE OUTONO TRAE CONSIGO CAMBIOS DE TEMPO, A CAIDA DAS FOLLAS, MOITOS FROITOS SECOS E CARNOSOS, FESTAS, CAMBIOS DE VESTIARIO... IMOS LEMBRAR ALGÚN VOCABULARIO EN GALEGO E TAMÉN DESCUBRILO EN LINGUA SE SIGNOS ESPAÑOLA. BOTÁDELLE UNHA OLLADA!!! SEGURO QUE DESCUBRIREDES ALGUNHA PALABRA NOVA!! 

VOCABULARIO E PANXOLIÑAS DE NADAL EN LSE

ESTES DÍAS LEMBRAMOS O VOCABULARIO QUE APRENDEMOS O CURSO PASADO EN LSE SOBRE O NADAL . COMPARTÍMOLO CON VÓS POR SI PRECISADES RECORDALO! T...