Páginas

20/03/2024

OBRADOIRO DE FAMILIAS: TEATRO DE GUIÑOL

 HOXE TIVEMOS A VISITA NA BIBLIOTECA DA AVOA E O AVÓ DE JULIA.

TROUXÉRONNOS UNHA SORPRESA ... "TEATRO DE GUIÑOL CON MARIONETAS!"  OU TEATRO DE MONICREQUES.

APROVEITAMOS  PARA LEMBRAR QUE O 27 DE MARZO SE CELEBRA O DÍA MUNDIAL DO TEATRO UNHA DAS ACTIVIDADES ARTÍSTICAS E CULTURAIS MÁIS ANTIGAS DA HUMANIDADE.


CONTÁRONNOS CUNS MONICREQUES A HISTORIA DA BRUXA BRUNILDA E DO AVÓ MELITÓN E ESTIVEMOS SÚUUUUPER ATENTOS!!!

BRUNILDA ERA UN POUCO MALA. ROUBOULLES A CESTA AOS NENOS DE DON MELITÓN.

MENOS MAL QUE O AVÓ MELITÓN SABÍA ONDE GARDABA A BRUXA AS COUSAS QUE ROUBABA.

AO FINAL BRUNILDA VOLVEUSE BOA PORQUE ERA MOI ABURRIDO ESTAR ENFADADA TODO O DÍA.


PASÁMOLO TAN BEN, QUE IGUAL VOLVEN OUTRO DÍA PARA CONTARNOS UNHA HISTORIA DE PIRATAS!

MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA! ATA A PRÓXIMA!

14/03/2024

OBRADOIRO DE FAMILIAS: VISÍTANOS A POLICÍA NACIONAL

ESTA SEMANA, NO NOSO OBRADOIRO DE FAMILIAS, VISITÁRONNOS MÍRIAM E OLALLA, DÚAS MULLERES POLICÍAS. APROVEITAMOS ESTA VISITA PARA CONMEMORAR O 8 DE MARZO DANDO VISIBILIDADE AO PAPEL DA MULLER  NESTA PROFESIÓN E PROMOVENDO A IGUALDADE DE XÉNERO. 

MÍRIAM É A NAI DE LORENZO VEU COA SÚA COMPAÑEIRA DE TRABALLO, OLALLA, PARA CONTARNOS COUSAS SOBRE A IMPORTANCIA DE NON TER MEDO AO CORPO DE POLICÍA.




CONTÁRONNOS
COUSAS MOI INTERESANTES, ENTRE ELAS QUE A POLÍCIA É A NOSA AMIGA PORQUE NOS PODEN AXUDAR NUNHA MOREA DE SITUACIÓNS: SE NOS PERDEMOS DE PAPÁ E MAMÁ, DETEÑEN AOS LADRÓNS, ...

APRENDEMOS SOBRE OS MEDIOS DE TRANSPORTE QUE EMPREGAN PARA AXUDARNOS: HELICÓPTERO, CABALOS, MOTOS, COCHES, BARCOS ...

ENSINÁRONNOS UN TRUCO POR SE TEMOS QUE CHAMAR POR TELÉFONO EN CASO DE EMERXENCIA AO 112.

GRAZAS POLA VOSA VISITA MIRIAM E OLALLA!!
 PASÁMOLO MOI BEN! 
ATA A PRÓXIMA!


07/03/2024

ROSALIA DE CASTRO

ESTE 23 DE FEBBREIRO DE 2024 CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO. UNHA ILUSTRE ESCRITORA GALEGA Á QUE LLE GUSTABA MOITO  GALICIA E A LINGUA GALEGA, POR ISO ESCRIBÍA SOBRE AS SÚAS XENTES E A NATUREZA.

 ESTE ANO TRABALLAMOS UN DOS SEUS POEMAS  ENTRE TODAS AS AULAS DO COLE. ÁS NENAS E NENOS DE 3 ANOS  ESCRIBIMOS O PRIMEIRO VERSO. TAMÉN DEBUXAMOS FLORES PARA DECORAR A  PÓLA NA QUE IRÍA O  VERSO DO POEMA. PODEDES VER O TRABALLO EN CONXUNTO NO ENREIXADO DO COLE NA PORTA DE FAMILIAS.

ESTE FOI O RESULTADO: 



TAMÉN  ESCOITAMOS ALGUNHA VERSIÓN DO CLÁSICO "ADEUS RÍOS, ADEUS FONTES..." EN LSE (LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA)  E VIMOS UN DOS CAPÍTULOS DOS BOLECHAS DEDICADO A ROSALIA DE CASTRO.



05/03/2024

EXPERIMENTOS EN FEBREIRO

NO MES DE FEBREIRO CO GALLO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA REALIZAMOS DOUS EXPERIMENTOS NA AULA

ESTE INVERNO ESTÁ SENDO MOI LONGO E CON MOITA CHUVIA E NUBES , UN DÍA SAÍU O ARCO DA BELLA E PENSAMOS SE SERÍA POSIBLE QUE A CHUVIA QUE CAE ALÍ DEBAIXO SERÍA DE CORES. DE AHÍ XURDÍU A IDEA DO PRIMEIRO EXPERIMENTO " A CHUVIA MÁXICA". 
AS PROFES PENSARON NUNHA REPRESENTACIÓN DE NUBES DENTRO DUN FRASCO NO QUE PRECIPITARÍAN PINGAS DE CORES. 
REMATAMOS O EXPERIMENTO XOGANDO COAS NUBES: OBSERVANDO QUE FORMA TIÑA, EXTENDENDOAS, DEBUXÁNDONOS E ESCRIBINDO O NOSO NOME SOBRE ELAS. FOI MOI DIVERTIDO!!!! 


TAMÉN TIÑAMOS MOITAS GANAS DE XOGAR COA NEVE, ASÍ QUE AS PROFES PENSARON EN FACER NO SEGUNDO EXPERIMENTO NEVE ARTIFICAL PARA QUE  PUIDESEMOS  XOGAR CON ELA FACENDO BONECOS DE NEVE, PISADAS, RODEIRAS...
 FOI MOI DIVERTIDO PORQUE NON ESTABA FRÍA!!!!




VOCABULARIO E PANXOLIÑAS DE NADAL EN LSE

ESTES DÍAS LEMBRAMOS O VOCABULARIO QUE APRENDEMOS O CURSO PASADO EN LSE SOBRE O NADAL . COMPARTÍMOLO CON VÓS POR SI PRECISADES RECORDALO! T...