Páginas

20/03/2024

OBRADOIRO DE FAMILIAS: TEATRO DE GUIÑOL

 HOXE TIVEMOS A VISITA NA BIBLIOTECA DA AVOA E O AVÓ DE JULIA.

TROUXÉRONNOS UNHA SORPRESA ... "TEATRO DE GUIÑOL CON MARIONETAS!"  OU TEATRO DE MONICREQUES.

APROVEITAMOS  PARA LEMBRAR QUE O 27 DE MARZO SE CELEBRA O DÍA MUNDIAL DO TEATRO UNHA DAS ACTIVIDADES ARTÍSTICAS E CULTURAIS MÁIS ANTIGAS DA HUMANIDADE.


CONTÁRONNOS CUNS MONICREQUES A HISTORIA DA BRUXA BRUNILDA E DO AVÓ MELITÓN E ESTIVEMOS SÚUUUUPER ATENTOS!!!

BRUNILDA ERA UN POUCO MALA. ROUBOULLES A CESTA AOS NENOS DE DON MELITÓN.

MENOS MAL QUE O AVÓ MELITÓN SABÍA ONDE GARDABA A BRUXA AS COUSAS QUE ROUBABA.

AO FINAL BRUNILDA VOLVEUSE BOA PORQUE ERA MOI ABURRIDO ESTAR ENFADADA TODO O DÍA.


PASÁMOLO TAN BEN, QUE IGUAL VOLVEN OUTRO DÍA PARA CONTARNOS UNHA HISTORIA DE PIRATAS!

MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA! ATA A PRÓXIMA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

CHOCOLATADA, VISITA DO APALPADOR E BADALADAS

REMATAMOS O TRIMESTRE COA TRADICIONAL CHOCOLATADA, A  VISITA DO APALPADOR E AS BADALADAS. HAI UNS DÍAS RECIBIMOS UNHA CARTA DO APALPADOR NA...