ISTO FOI TODO O QUE REALIZAMOS ESTE CURSO 2023-2024.
O VOITRE BOPETA E O FLAMENGO VAMI DESÉXANVOS:
UN FELIZ VERÁN A TODAS E A TODOS!!!
ESPERÁMOSVOS EN SETEMBRO CON MOITAS NOVIDADES.ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 4º DE EI, UNHA PEQUENA VENTÁ A TRAVÉS DA CAL COMPARTIREMOS O QUE VAIA ACONTECENDO NAS AULAS.
ISTO FOI TODO O QUE REALIZAMOS ESTE CURSO 2023-2024.
O VOITRE BOPETA E O FLAMENGO VAMI DESÉXANVOS:
UN FELIZ VERÁN A TODAS E A TODOS!!!
ESPERÁMOSVOS EN SETEMBRO CON MOITAS NOVIDADES.O DERRADEIRO DÍA TIVEMOS NO "COLE" UN DÍA ESPECIAL ... FESTA DA AUGA!
PARA COMEZAR A XORNADA TIVEMOS UNHA SESIÓN DE CINE OS DOUS GRUPOS XUNTOS NA AULA DO GRUPO A.DESPOIS, NA AULA DO GRUPO B CHEGOU ... A MERENDOLA! ONDE TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE COMPARTIR AS LAMBETADAS QUE TROUXEMOS PARA COMER.
UN POUQUIÑO DE XOGO LIBRE NO RECREO E ... FESTA DA AUGA!
HOUBO XOGOS MOI VARIADOS: DE TRASVASE DE AUGA, LANZAMENTO DE SAQUIÑOS PARA ENCESTAR, ESTATUAS MUSICAIS, TRANSPORTE DE PELOTAS POR PARELLAS E SEN TOCAR COAS MANS!, PASES CON GLOBOS CHEOS DE AUGA E PESCA DE TAPÓNS CON PINZAS!
MENOS MAL QUE A CHOIVA NOS DEU TREGUA!!
FOI MOI DIVERTIDO!!
ANTES DE REMATAR O CURSO É DE OBRIGADO CUMPRIMENTO UNHA VISITA Á ZONA DE 4 ANOS PARA QUE O ANO QUE VÉN, CHEGUEMOS TRANQUILOS AO "COLE".
AÍNDA NON SABEMOS CAL SERÁ A NOSA AULA, PERO OBSERVAMOS O CORREDOR POLO QUE TEREMOS QUE IR (QUE OBXECTOS HABÍA, TRABALLOS FEITOS POLAS NENAS E NENOS MAIORES DE INFANTIL, ...)
FALAMOS CUNHA DAS "PROFES" DE 4 ANOS E COAS SÚAS ALUMNAS E ALUMNOS E ... TAMÉN TEÑEN MASCOTA E RECANTOS!
DÁ MOITA SEGURIDADE CHEGAR A UN SITIO NOVO E TER REFERENCIAS!
TAMÉN VISIONAMOS E REFLEXIONAMOS SOBRE ESTE CORTO:
O VENRES TIVEMOS O DERRADEIRO OBRADOIRO DE FAMILIAS.
ESTA VEZ TOCOULLE Á FAMILIA DE NOOR.
A MAMÁ, A TÍA E A AVOA DE NOOR VIÑERON CONTARNOS ALGUNHAS COUSAS SOBRE O PAÍS DE MARROCOS:
- NUN MAPA ENSINÁRONNOS ONDE ESTÁ MARROCOS E COMO É A SÚA BANDEIRA.
- PRESENTÁRONNOS OS TRAXES TRADICIONAIS QUE VISTEN NAS CELEBRACIÓNS: O CAFTÁN E O JABADOR.
- ENSINÁRONNOS DÚAS NANAS QUE LLE CANTAN A NOOR CANDO NON PODE DURMIR.
- TROUXÉRONNOS DOUS DOCES TÍPICOS: UN BISCOITO E MSAMNAT CON MEL. O BISCOITO É MOI PARECIDO AO NOSO DE IOGUR. O MSAMNAT TEN CERTO PARECIDO COAS NOSAS FILLOAS. ESTABAN BOÍSIMOS!! GUSTÁRONNOS MOITO!
- REMATAMOS CUNHA DEGUSTACIÓN TÉ VERDE TRADICIONAL DE MARROCOS, FEITO CON HERBA BOA.
TODO ESTABA RIQUÍSIMOOO!!!!!
ESTA SEMANA, APROVEITANDO QUE O TEMPO NOS DEU UN RESPIRO, VISITAMOS O "HORTO DE TI E TA" QUE SON AS MASCOTAS DO HORTO DO COLEXIO.
ALÍ TIVEMOS UNS "PROFES" DE EXCEPCIÓN: AS NENAS E NENOS DE 4º E 5º PRIMARIA.
ELAS E ELES FORON OS ENCARGADOS DE EXPLICARNOS: AS PLANTAS QUE HABÍA EN CADA UN BANCAIS, COMO SE CHAMABAN, PARA QUE SERVE O COMPOSTEIRO, INCLUSO PUIDEMOS TOCAR ALGUNHAS PATACAS E CHÍCHAROS QUE TIVEMOS NA COLLEITA DESTE ANO. DESPOIS FIXEMOS ALGÚNS XOGOS NO HORTO:
- "O COMPOSTEIRO":QUE RESTOS PODEMOS BOTAR NO COMPOSTEIRO E CALES TEÑEN QUE IR ÁS PAPELEIRAS E QUE ANIMALES VIVEN NO COMPOSTEIRO.- "TOCA-TOCA": TAPÁRONOS OS OLLOS E METEMOS A MAN DENTRO DUNHA CAIXA, POLO TACTO TIÑAMOS QUE SABER QUE TIPO DE HORTALIZA ERA.
-"A QUE CHEIRA": PUXÉRONNOS UN ANTIFACE E TIÑAMOS QUE IDENTIFICAR PLANTAS AROMÁTICAS COMO A LAVANDA, O OUREGO, A MELISA E A HERBA LUÍSA
- "PAÑAMOS PATACAS": NO BANCAL DAS PATACAS TIVEMOS QUE PAÑAR AS PATACAS E CONTAR CANTAS APAÑAMOS.
- "AS SEMENTES": VIMOS DIFERENTES SEMENTES, PREPARAMOS A TERRA E PLANTAMOS.
-"A IMPORTANCIA DA AUGA": EXPLICÁRONNOS QUE ADEMAIS DA LUZ DO SOL AS PLANTAS PRECISAN DE AUGA PARA MEDRAR E REGAMOS OS DIFERENTES BANCAIS.
COMO NOS PORTAMOS MOI BEN AO REMATAR A VISITA AGASALLÁRONOS CUN FOLLETO DE ACTIVIDADES.
FOI UNHA VISITA MOI ENTRETIDA!!
O VENRES TIVEMOS A VISITA DO CORPO NACIONAL DE POLICÍA CON ALGÚN DOS SEUS MEDIOS DE TRANSPORTE E TRES AXENTES.
AS NENAS E NENOS TIVERON A OPORTUNIDADE DE VER DE CERCA COMO SON AS MOTOS E OS COCHES QUE EMPREGAN NO SEU TRABALLO, INCLUSO PUIDERON SUBIR A ELES.
FOI MOI DIVERTIDO!!!!
ISTO FOI TODO O QUE REALIZAMOS ESTE CURSO 2023-2024. O VOITRE BOPETA E O FLAMENGO VAMI DESÉXANVOS: UN FELIZ VERÁN A TODAS E A TODOS!!! E...