ISTO FOI TODO O QUE REALIZAMOS ESTE CURSO 2023-2024.
O VOITRE BOPETA E O FLAMENGO VAMI DESÉXANVOS:
UN FELIZ VERÁN A TODAS E A TODOS!!!
ESPERÁMOSVOS EN SETEMBRO CON MOITAS NOVIDADES.ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 5º DE EI, UNHA PEQUENA VENTÁ A TRAVÉS DA CAL COMPARTIREMOS O QUE VAIA ACONTECENDO NAS AULAS.
ISTO FOI TODO O QUE REALIZAMOS ESTE CURSO 2023-2024.
O VOITRE BOPETA E O FLAMENGO VAMI DESÉXANVOS:
UN FELIZ VERÁN A TODAS E A TODOS!!!
ESPERÁMOSVOS EN SETEMBRO CON MOITAS NOVIDADES.O DERRADEIRO DÍA TIVEMOS NO "COLE" UN DÍA ESPECIAL ... FESTA DA AUGA!
PARA COMEZAR A XORNADA TIVEMOS UNHA SESIÓN DE CINE OS DOUS GRUPOS XUNTOS NA AULA DO GRUPO A.DESPOIS, NA AULA DO GRUPO B CHEGOU ... A MERENDOLA! ONDE TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE COMPARTIR AS LAMBETADAS QUE TROUXEMOS PARA COMER.
UN POUQUIÑO DE XOGO LIBRE NO RECREO E ... FESTA DA AUGA!
HOUBO XOGOS MOI VARIADOS: DE TRASVASE DE AUGA, LANZAMENTO DE SAQUIÑOS PARA ENCESTAR, ESTATUAS MUSICAIS, TRANSPORTE DE PELOTAS POR PARELLAS E SEN TOCAR COAS MANS!, PASES CON GLOBOS CHEOS DE AUGA E PESCA DE TAPÓNS CON PINZAS!
MENOS MAL QUE A CHOIVA NOS DEU TREGUA!!
FOI MOI DIVERTIDO!!
ANTES DE REMATAR O CURSO É DE OBRIGADO CUMPRIMENTO UNHA VISITA Á ZONA DE 4 ANOS PARA QUE O ANO QUE VÉN, CHEGUEMOS TRANQUILOS AO "COLE".
AÍNDA NON SABEMOS CAL SERÁ A NOSA AULA, PERO OBSERVAMOS O CORREDOR POLO QUE TEREMOS QUE IR (QUE OBXECTOS HABÍA, TRABALLOS FEITOS POLAS NENAS E NENOS MAIORES DE INFANTIL, ...)
FALAMOS CUNHA DAS "PROFES" DE 4 ANOS E COAS SÚAS ALUMNAS E ALUMNOS E ... TAMÉN TEÑEN MASCOTA E RECANTOS!
DÁ MOITA SEGURIDADE CHEGAR A UN SITIO NOVO E TER REFERENCIAS!
TAMÉN VISIONAMOS E REFLEXIONAMOS SOBRE ESTE CORTO:
O VENRES TIVEMOS O DERRADEIRO OBRADOIRO DE FAMILIAS.
ESTA VEZ TOCOULLE Á FAMILIA DE NOOR.
A MAMÁ, A TÍA E A AVOA DE NOOR VIÑERON CONTARNOS ALGUNHAS COUSAS SOBRE O PAÍS DE MARROCOS:
- NUN MAPA ENSINÁRONNOS ONDE ESTÁ MARROCOS E COMO É A SÚA BANDEIRA.
- PRESENTÁRONNOS OS TRAXES TRADICIONAIS QUE VISTEN NAS CELEBRACIÓNS: O CAFTÁN E O JABADOR.
- ENSINÁRONNOS DÚAS NANAS QUE LLE CANTAN A NOOR CANDO NON PODE DURMIR.
- TROUXÉRONNOS DOUS DOCES TÍPICOS: UN BISCOITO E MSAMNAT CON MEL. O BISCOITO É MOI PARECIDO AO NOSO DE IOGUR. O MSAMNAT TEN CERTO PARECIDO COAS NOSAS FILLOAS. ESTABAN BOÍSIMOS!! GUSTÁRONNOS MOITO!
- REMATAMOS CUNHA DEGUSTACIÓN TÉ VERDE TRADICIONAL DE MARROCOS, FEITO CON HERBA BOA.
TODO ESTABA RIQUÍSIMOOO!!!!!
ESTA SEMANA, APROVEITANDO QUE O TEMPO NOS DEU UN RESPIRO, VISITAMOS O "HORTO DE TI E TA" QUE SON AS MASCOTAS DO HORTO DO COLEXIO.
ALÍ TIVEMOS UNS "PROFES" DE EXCEPCIÓN: AS NENAS E NENOS DE 4º E 5º PRIMARIA.
ELAS E ELES FORON OS ENCARGADOS DE EXPLICARNOS: AS PLANTAS QUE HABÍA EN CADA UN BANCAIS, COMO SE CHAMABAN, PARA QUE SERVE O COMPOSTEIRO, INCLUSO PUIDEMOS TOCAR ALGUNHAS PATACAS E CHÍCHAROS QUE TIVEMOS NA COLLEITA DESTE ANO. DESPOIS FIXEMOS ALGÚNS XOGOS NO HORTO:
- "O COMPOSTEIRO":QUE RESTOS PODEMOS BOTAR NO COMPOSTEIRO E CALES TEÑEN QUE IR ÁS PAPELEIRAS E QUE ANIMALES VIVEN NO COMPOSTEIRO.- "TOCA-TOCA": TAPÁRONOS OS OLLOS E METEMOS A MAN DENTRO DUNHA CAIXA, POLO TACTO TIÑAMOS QUE SABER QUE TIPO DE HORTALIZA ERA.
-"A QUE CHEIRA": PUXÉRONNOS UN ANTIFACE E TIÑAMOS QUE IDENTIFICAR PLANTAS AROMÁTICAS COMO A LAVANDA, O OUREGO, A MELISA E A HERBA LUÍSA
- "PAÑAMOS PATACAS": NO BANCAL DAS PATACAS TIVEMOS QUE PAÑAR AS PATACAS E CONTAR CANTAS APAÑAMOS.
- "AS SEMENTES": VIMOS DIFERENTES SEMENTES, PREPARAMOS A TERRA E PLANTAMOS.
-"A IMPORTANCIA DA AUGA": EXPLICÁRONNOS QUE ADEMAIS DA LUZ DO SOL AS PLANTAS PRECISAN DE AUGA PARA MEDRAR E REGAMOS OS DIFERENTES BANCAIS.
COMO NOS PORTAMOS MOI BEN AO REMATAR A VISITA AGASALLÁRONOS CUN FOLLETO DE ACTIVIDADES.
FOI UNHA VISITA MOI ENTRETIDA!!
O VENRES TIVEMOS A VISITA DO CORPO NACIONAL DE POLICÍA CON ALGÚN DOS SEUS MEDIOS DE TRANSPORTE E TRES AXENTES.
AS NENAS E NENOS TIVERON A OPORTUNIDADE DE VER DE CERCA COMO SON AS MOTOS E OS COCHES QUE EMPREGAN NO SEU TRABALLO, INCLUSO PUIDERON SUBIR A ELES.
FOI MOI DIVERTIDO!!!!
ESTA SEMANA RECIBIMOS UNHA CARTA DAS NOSAS MASCOTAS: O VOITRE LEONADO E O FLAMENGO. DICÍAN QUE ESTABAN DESEXANDO VIR AO COLE PARA APRENDER MOITAS COUSAS E XOgAR CONNOSCO NOS RECANTOS.
PROPUXÉRONOS UN XOGO DE PISTAS PARA ATOPALOS:1ª PISTA: UN CÓDIGO EN LINGUA DE SIGNOS TIÑAMOS QUE DESCIFRAR PARA A SEGUNDA PISTA ATOPAR.
2ª PISTA: UNHA ADIVIÑA TIÑAMOS QUE RESOLVER PARA NESE LUGAR ATOPAR A SEGUINTE PISTA " SOMOS TRES, ESTAMOS NO PATIO DO COLE, CADA UNHA TEN 4 PATAS PERO NON CAMIÑAMOS".
ESTA CUSTOUNOS UN POUCO, PRECISAMOS ALGUNHA AXUDA!! ERAN AS MESAS DO PATIO.
O PUZZLE INDICABA QUE ESTABAN NO PORTAL DE TRANSPORTE DE AUTOBÚS.
ALÍ FOMOS, ATOPOMOS UNHA CAIXA E DENTRO DELA ESTABAN AS NOSAS MASCOTAS!!!AGORA TEMOS OUTRA INCÓGNITA, NON SABEMOS SE SON MACHOS OU FEMIAS, NIN TAMPOUCO COMO SE CHAMAN. ESTES DÍAS TENTAREMOS RESOLVELO!!!
AO LONGO DESTE 3º TRIMESTRE REALIZAMOS O NOSO PRIMEIRO PROXECTO DE INVESTIGACIÓN RELACIONADO COAS NOSAS MASCOTAS.
PRIMEIRAMENTE FIXEMOS UNHA RECOLLIDA DE COÑECEMENTOS PREVIOS DE TODO O QUE SABIAMOS SOBRE O FLAMENGO E SOBRE O VOITRE.
COMPROBAMOS QUE HABÍA INFORMACIÓN CONTRADICTORIA E QUE TIÑAMOS QUE INVESTIGAR PARA FACER COMPROBACIÓNS.
AS FAMILIAS AXUDÁRONNOS A INVESTIGAR NOS LIBROS, NA REDE, EN REVISTAS... , APRENDEMOS MOITAS COUSAS, DESPOIS NA AULA FIXEMOS AS PRESENTACIÓNS E RECOLLEMOS AS CONCLUSIÓNS.
A CONTINUACIÓN DEIXÁMOSVOS UNHAS PRESENTACIÓNS CO QUE INVESTIGAMOS NA CASA.
3 ANOS A: INVESTIGAMOS SOBRE O VOITRE
UNHA DAS FAMILIAS AGASALLOUNOS CUNHA PEZA MUSICAL ELABORADA CUNHA ADAPTACIÓN DO POEMA QUE RECITAMOS NA CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS
3 ANOS B: INVESTIGAMOS SOBRE O FLAMENGO.
AGORA SABEMOS MOITAS COUSAS SOBRE OS VOITRES E OS FLAMENGOS!!!!
ESTES DÍAS LEMBRAMOS O VOCABULARIO QUE APRENDEMOS O CURSO PASADO EN LSE SOBRE O NADAL . COMPARTÍMOLO CON VÓS POR SI PRECISADES RECORDALO! T...