AO LONGO DESTE 3º TRIMESTRE REALIZAMOS O NOSO PRIMEIRO PROXECTO DE INVESTIGACIÓN RELACIONADO COAS NOSAS MASCOTAS.
PRIMEIRAMENTE FIXEMOS UNHA RECOLLIDA DE COÑECEMENTOS PREVIOS DE TODO O QUE SABIAMOS SOBRE O FLAMENGO E SOBRE O VOITRE.
COMPROBAMOS QUE HABÍA INFORMACIÓN CONTRADICTORIA E QUE TIÑAMOS QUE INVESTIGAR PARA FACER COMPROBACIÓNS.
AS FAMILIAS AXUDÁRONNOS A INVESTIGAR NOS LIBROS, NA REDE, EN REVISTAS... , APRENDEMOS MOITAS COUSAS, DESPOIS NA AULA FIXEMOS AS PRESENTACIÓNS E RECOLLEMOS AS CONCLUSIÓNS.
A CONTINUACIÓN DEIXÁMOSVOS UNHAS PRESENTACIÓNS CO QUE INVESTIGAMOS NA CASA.
3 ANOS A: INVESTIGAMOS SOBRE O VOITRE
UNHA DAS FAMILIAS AGASALLOUNOS CUNHA PEZA MUSICAL ELABORADA CUNHA ADAPTACIÓN DO POEMA QUE RECITAMOS NA CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS
3 ANOS B: INVESTIGAMOS SOBRE O FLAMENGO.
AGORA SABEMOS MOITAS COUSAS SOBRE OS VOITRES E OS FLAMENGOS!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario