ESTA SEMANA, APROVEITANDO QUE O TEMPO NOS DEU UN RESPIRO, VISITAMOS O "HORTO DE TI E TA" QUE SON AS MASCOTAS DO HORTO DO COLEXIO.
ALÍ TIVEMOS UNS "PROFES" DE EXCEPCIÓN: AS NENAS E NENOS DE 4º E 5º PRIMARIA.
ELAS E ELES FORON OS ENCARGADOS DE EXPLICARNOS: AS PLANTAS QUE HABÍA EN CADA UN BANCAIS, COMO SE CHAMABAN, PARA QUE SERVE O COMPOSTEIRO, INCLUSO PUIDEMOS TOCAR ALGUNHAS PATACAS E CHÍCHAROS QUE TIVEMOS NA COLLEITA DESTE ANO. DESPOIS FIXEMOS ALGÚNS XOGOS NO HORTO:
- "O COMPOSTEIRO":QUE RESTOS PODEMOS BOTAR NO COMPOSTEIRO E CALES TEÑEN QUE IR ÁS PAPELEIRAS E QUE ANIMALES VIVEN NO COMPOSTEIRO.- "TOCA-TOCA": TAPÁRONOS OS OLLOS E METEMOS A MAN DENTRO DUNHA CAIXA, POLO TACTO TIÑAMOS QUE SABER QUE TIPO DE HORTALIZA ERA.
-"A QUE CHEIRA": PUXÉRONNOS UN ANTIFACE E TIÑAMOS QUE IDENTIFICAR PLANTAS AROMÁTICAS COMO A LAVANDA, O OUREGO, A MELISA E A HERBA LUÍSA
- "PAÑAMOS PATACAS": NO BANCAL DAS PATACAS TIVEMOS QUE PAÑAR AS PATACAS E CONTAR CANTAS APAÑAMOS.
- "AS SEMENTES": VIMOS DIFERENTES SEMENTES, PREPARAMOS A TERRA E PLANTAMOS.
-"A IMPORTANCIA DA AUGA": EXPLICÁRONNOS QUE ADEMAIS DA LUZ DO SOL AS PLANTAS PRECISAN DE AUGA PARA MEDRAR E REGAMOS OS DIFERENTES BANCAIS.
COMO NOS PORTAMOS MOI BEN AO REMATAR A VISITA AGASALLÁRONOS CUN FOLLETO DE ACTIVIDADES.
FOI UNHA VISITA MOI ENTRETIDA!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario