CADA VEZ QUE USAMOS ESTAS PALABRAS CULTIVAMOS O RESPECTO, OS BOS MODAIS, A EDUCACIÓN EMOCIONAL E A CONVIVENCIA. INCORPORAR ESTAS PALABRAS DE CORTESÍA NAS INTERACCIÓNS DIARIAS MELLORA AS NOSAS HABILIDADES SOCIAIS E ATA A PERCEPCIÓN QUE A OUTRA PERSOA TEN DE QUEN AS EMPREGA. A INTEGRACIÓN DESTAS PALABRAS REQUIRE TAMÉN DA IMPRESCINDIBLE MODELAXE DOS ADULTOS EN DIFERENTES CONTEXTOS PARA FINALMENTE CONVERTERSE EN BOS HÁBITOS QUE NOS ACOMPAÑARÁN TODA A VIDA.
ESTES DÍAS REFLEXIONAMOS SOBRE OS PODERES MÁXICOS DALGUNHAS PALABRAS E DE COMO A SÚA EXPRESIÓN NOS FAI SENTIR MELLOR. VISIONAMOS ESTE CONTO E FALAMOS SOBRE EL.
TAMÉN CANTAMOS ESTA CANCIÓN QUE NOS GUSTOU MOITO!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario