ESTE VENRES VEU GIOVANA E TANIA, A NAI E A TÍA DE AMAIA PARA ENSINARNOS A XOGAR Á "LOTERÍA".
A MAMÁ DE AMAIA NACEU EN MÉXICO E QUIXO ENSINARNOS UN DOS XOGOS MÁIS COÑECIDOS NO SEU PAÍS "A LOTERÍA". É UN XOGO DE AZAR NO QUE SE EMPREGAN CARTAS CON IMAXES E CARTÓNS CON DIFERENTES COMBINACIÓNS. EN REALIDADE TEN A MESMA DINÁMICA QUE O BINGO.
NÓS XOGAMOS COAS FOTOS E NOMES DAS NENAS E DOS NENOS DAS DÚAS AULAS, CADA CARTÓN TIÑA 9 FOTOS.TIÑAMOS QUE ESTAR MOI ATENTAS E ATENTOS Á CARTA QUE SAÍA DA BARALLA NA PANTALLA E SE TIÑAMOS A FOTO DA NENA OU NENO NO NOSO CARTÓN POÑIÁMOSLLE ENRIBA UNHA FABA. AO COMPLETAR O CARTÓN COAS 9 FABAS TIÑAMOS QUE BERRAR "LOTERÍA". OS PREMIOS ERAN PAUCIÑOS DE PAN.AO PRINCIPIO COSTOUNOS ENTENDER A MECÁNICA DO XOGO, PERO UNHA VEZ QUE O PILLAMOS ... FOI MOI DIVERTIDO!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario