CONTINUAMOS TRABALLANDO SOBRE O OUTONO.
ESTA VEZ, TOCOULLE O TURNO ÁS FROITAS CARNOSAS.
XUNTÁMONOS AS DÚAS AULAS PARA TRABALLAR XUNTAS.
TROUXEMOS PERAS, MAZÁS, UVAS, MANDARINAS E MILGRANDAS AO "COLE" E ESTIVEMOS OBSERVANDO A SÚA COR E INCLUSO APRENDEMOS A DICIR OS SEUS NOMES EN LINGUA DE SIGNOS.
APROVEITAMOS PARA FACER SERIES TENDO EN CONTA A COR DAS MAZÁS, LEMBRAMOS QUE TEMOS QUE FACER ANTES DE TOCAR UN ALIMENTO (LAVAR AS MANS, LAVAR A FROITA SE A IMOS COMER COA PEL), E COMEZAMOS A PREPARAR UN PRATO POR EQUIPO COAS FROITAS QUE IAMOS POSTERIORMENTE A DEGUSTAR.
PROBAMOS AS FROITAS E ... ATA REPETIMOS!
TODAS E TODOS PROBAMOS E NOS DECATAMOS DE QUE ... NOS GUSTAN!
No hay comentarios:
Publicar un comentario