CHEGOU O DÍA DE FESTEXAR SAMAÍN NO "COLE"!
ESTIVEMOS VENDO TODAS AS CABAZAS QUE TROUXEMOS ESTES DÍAS E AS COLOCAMOS FACENDO UNHA EXPOSICIÓN NA ENTRADA DAS AULAS.
COMO ESTES DÍAS ESTIVEMOS TRABALLANDO SOBRE OS MEDOS, INVENTAMOS UN CONXURO PARA NON VOLVER A TER MEDO AOS CROCODILOS, CABALOS, DINOSAUROS, BRUXAS, LOBOS, MONSTROS, VAMPIROS, O SANGUE, ... E POR SUPOSTO,...
NON PODÍA FALTAR UNHA POCIÓN MÁXICA PARA ISO!.
TIVEMOS QUE REPOÑER FORZAS COAS MERENDAS TERRORÍFICAS QUE TROUXEMOS PORQUE AÍNDA NOS QUEDABA O BAILE NO PATIO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario