Páginas

11/10/2024

PREPARÁNDONOS PARA O MAGOSTO!

XA FALTA MENOS PARA A FESTA QUE MÁIS LLE GUSTA A ANTÍO: "O MAGOSTO". ESTIVO PREPARANDO ESTE VÍDEO COA NOSA INTÉRPRETE  DE LSE PARA QUE POIDAMOS COÑECER MOITO VOCABULARIO RELACIONADO CON ESTA TRADICIONAL FESTA GALEGA. BOTÁDELLE UNHA OLLADA!! COÑECÉDELAS TODAS???



10/10/2024

CANTIGA PARA A CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

TEMOS CANTIGA PARA O MAGOSTO!! IMOS INTERPRETAR NO PATIO A CANTIGA DE UXÍA A LAMBONA "O OUTONO" EN LSE; GRAZAS Á INTÉRPRETE DE LINGUA DE SIGNOS DO NOSO COLE. É UNHA CANTIGA MOI DIVERTIDA E AXEITADA PARA ESTAS DATAS. BOTÁDELLE UNHA OLLADA E ANIMÁDEVOS A BAILAR!!

09/10/2024

CARTA DE ANTÍO

 ESTA SEMANA TIVEMOS UNHA SORPRESA.                                                                       ALGUÉN NOS ENVIOU UNHA CARTA DENDE MASCOTILANDIA. SABEDES QUEN?

ANTÍO!!

ANTÍO MEDROU MOITO NESTE VERÁN. ESTÁ MOITO MÁIS GRANDE!                      DEIXOU CARTAS POR TODAS AS AULAS PARA AVISARNOS DA SÚA CHEGADA!


TAMÉN NOS DEIXOU UN ENCARGO, APRENDER UNHA CANTIGA PARA O MAGOSTO. A SÚA FESTA PREFERIDA!
HOXE DECIDIMOS FACERLLE UNHA VISITA PARA ACARIÑALO, DARLLE APERTAS, ..., EL AGASALLOUNOS CUN CONTO PARA LER.
É QUE FACÍA MOITO TEMPO QUE NON O VIAMOS!







02/10/2024

BENVIDO OUTONO!

ESTA ESTACIÓN DE OUTONO TRAE CONSIGO CAMBIOS DE TEMPO, A CAIDA DAS FOLLAS, MOITOS FROITOS SECOS E CARNOSOS, FESTAS, CAMBIOS DE VESTIARIO... IMOS LEMBRAR ALGÚN VOCABULARIO EN GALEGO E TAMÉN DESCUBRILO EN LINGUA SE SIGNOS ESPAÑOLA. BOTÁDELLE UNHA OLLADA!!! SEGURO QUE DESCUBRIREDES ALGUNHA PALABRA NOVA!! 

26/09/2024

SEMANA MUNDIAL DAS PERSOAS XORDAS

ESTA ÚLTIMA SEMANA DE SETEMBRO CELEBRAMOS
A SEMANA DAS PERSOAS XORDAS
NUN INTENTO DE SENSIBILIZAR Á COMUNIDADE EDUCATIVO CARA ESTA REALIDADE COA FIN DE PROMOVER A INCLUSIÓN TOTAL DENTRO DA SOCIEDADE DAS PERSOAS CON PROBLEMAS AUDITIVOS E XORDEIRA CRÓNICA. 

REIVINDICAMOS XUNTO COA ORGANIZACIÓN CNSE "UN MUNDO ONDE AS PERSOAS XORDAS POIDAN SIGNAR". A LINGUA DE SIGNOS É FUNDAMENTAL PARA MELLORAR A INCLUSIÓN DAS PERSOAS XORDAS NA SOCIEDADE; POIS A MIÚDO SE ENFROTAN A BARREIRAS DE COMUNICACIÓN, QUE LIMITAN A SÚA CAPACIDADE PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN E Á IGUALDADE DE OPORTUNIDADES.

TAMÉN DEMOS AO ALUMNADO ALGÚNS CONSELLOS PARA COMUNICARSE CON
PERSOAS XORDAS.




VISIONAMOS E REFLEXIONAMOS SOBRE ALGÚNS CONTOS:







10/09/2024

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!

O PRÓXIMO DÍA 11 DE SETEMBRO COMEZAN AS CLASES DO CURSO 2024-2025. TEMOS MOITAS GANAS DE VERVOS PARA QUE NOS CONTEDES COMO VOS FOI O VERÁN. NÓS  TAMÉN VOS TEMOS QUE CONTAR TÓDALAS COUSAS QUE FIXEMOS...

AO LONGO DESTE CURSO, NA AULA DE 4 ANOS, SEGURO QUE  IMOS APRENDER XUNTOS UNHA MOREA DE COUSAS!!!  BENVIDAS E BENDIDOS A ESTA NOVA AVENTURA QUE VAI COMEZAR!



25/06/2024

PECHADO POR VACACIÓNS

ISTO FOI TODO O QUE REALIZAMOS ESTE CURSO 2023-2024.

 O VOITRE BOPETA E O FLAMENGO VAMI DESÉXANVOS:

 UN FELIZ VERÁN A TODAS E A TODOS!!!

 ESPERÁMOSVOS EN SETEMBRO CON MOITAS NOVIDADES.



PREPARÁNDONOS PARA O MAGOSTO!

XA FALTA MENOS PARA A FESTA QUE MÁIS LLE GUSTA A  ANTÍO: "O MAGOSTO ". ESTIVO PREPARANDO ESTE  VÍDEO  COA NOSA  INTÉRPRETE  DE LSE...