CON TODOS OS ELEMENTOS DA NOSA MESA DE OUTONO FIXEMOS DIFERENTES XOGOS. AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGÚNS DELES PARA QUE VEXADES QUE NOS DIVERTIMOS E APRENDEMOS Á VEZ.
1. RECORTANDO FOLLAS SECAS EN ANACOS MOI PEQUENOS, INICIÁMONOS NO MANEXO DA TESOIRA.
2. COMPOSICIÓN DE PALABRAS CON LETRAS MAGNÉTICAS E PINZAS. TIVEMOS QUE BUSCAR ENTRE OS ANACOS DAS FOLLAS AS LETRAS PARA COMPOÑER O NOME DALGÚNS FROITOS SECOS.
3. VASOS, CASTAÑAS E DADO. HAI QUE POÑER NO VASO TANTAS CASTAÑAS COMO INDICA O DADO, IDENTIFICAR A GRAFÍA DO NÚMERO CORRESPONDENTE E COMPROBAR QUE AS XOGADORAS E OS XOGADORES BOTARÁN NO VASO O NÚMERO DE CASTAÑAS CORRECTO.
4. CREAMOS CARAS COS DIFERENTES ELEMENTOS. EMPREGAMOS UNS AROS OU RECTÁNGULOS PARA DELIMITAR O ESPAZO E ENGADIMOS DIFERENTES ELEMENTOS PARA POÑER OLLOS, BOCA, NARIZ, PELO... AO MESMO TEMPO TRABALLAMOS AS EMOCIÓNS COA COLOCACIÓN DA BOCA E CELLAS.
5. FORMAS XEOMÉTRICAS CON CASTAÑAS. FIXEMOS O CÍRCULO, O CADRADO, O RECTÁNGULO E O TRIÁNGULO CON CASTAÑAS.6. PENSAMENTO COMPUTACIONAL CO ROBOT DOC. TRABALLAMOS AS EMOCIÓNS, A ORIENTACIÓN ESPACIAL E O PENSAMENTO COMPUTACIONAL CON CARTAS.
7. CARTAS DE OUTONO PARA CONTAR E IDENTIFICAR A GRAFÍA DO NÚMERO CORRESPONDENTE POÑENDO UNHA PINZA DA ROPUPA.
8.SERIES DE FROITOS SECOS.
9. CONTAMOS CASTAÑAS. RELACIONAMOS A GRAFÍA DO NÚMERO COA CANTIDADE.
10. PESAMOS COA BÁSCULA. ESTIMAMOS CO PESO DOS FROITOS SECOS: PESAN MÁIS ..., PESAN MENOS..., PESAN IGUAL.
11. PINTAMOS ÁRBORES DE OUTONO E PEGAMOS FOLLAS TROQUELADAS DAS CORES DO OUTONO.
12. MODELAMOS UN CARACOL DE PLASTILINA CUNHA CASTAÑA SOBRE UNHA FOLLA COAS CORES DO OUTONO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario