COMEZOU O MES DE DECEMBRO,
O MES DO NADAL. UNHA DAS TRADICIÓNS DESTAS FESTAS É ENVIAR AS PERSOAS MÁIS QUERIDAS UNHA
FELICITACIÓN.
ESTE ANO IMOS INSPIRARNOS PARA A SÚA ELABORACIÓN NA PINTORA GALEGA NURIA ARGIBAY, CONCRETAMENTE NA TÉCNICA DA PINTURA ABSTRACTA SOBRE TEA.
NURIA ARBIBAY NACEU EN PONTEVEDRA O 21 DE FEBREIRO DE 1994. DE PEQUENA ESTUDOU NO NOSO COLEXIO. GRADUOUSE NA ESCOLA DE IMAXE E SON DE VIGO, FIXO FOTOGRAFÍA E ARTE EN MADRID E UN MÁSTER EN VALENCIA.
REALIZOU EXPOSICIÓNS DAS SÚAS OBRAS EN MADRID, MIAMI E ÁMSTERDAM. NO 2025 LEVARÁ A SÚA EXPOSICIÓN A PARÍS E A BERLÍN.
NAS SÚAS CREACIÓNS DESTACAN A DIVERSIDADE DE TEXTURAS E CORES EMPREGADAS. IMOS COMEZAR A CREAR AS NOSAS EMPREGANDO COMO SOPORTE UNHA TEA E PINTURA DAS TRES CORES PRIMARIAS: VERMELLO, AZUL E AMARELO.
XA VOS CONTAREMOS COMO FOI O PROCESO CREATIVO!!