REMATAMOS O TRIMESTRE COA TRADICIONAL CHOCOLATADA, A VISITA DO APALPADOR E AS BADALADAS.
HAI UNS DÍAS RECIBIMOS UNHA CARTA DO APALPADOR NA QUE NOS CONTABA QUE ÍA VIR DE VISITA AO COLE O ÚLTIMO DÍA DO TRIMESTRE. TAMÉN NOS DEIXOU UNHA BÓLA EN CADA AULA PARA ESCRIBIR UNHA PALABRA EN GALEGO, DECORALA E DESPOIS COLGALA NUNHA ÁRBORE DE NADAL. HOXE SUBIMOS A COLGALAS NA ÁRBORE.
TAMÉN CANTAMOS PANXOLIÑAS EN LSE COA AXUDA DE IRIA. DESPOIS DEGUSTAMOS UN RIQUÍSIMO CHOCOLATE CON ROSCA. ESTABA BOÍSIMOOOO!!!
RECIBIMOS A VISITA DO APALPADOR QUE BAIXOU DAS MONTAÑAS DO COUREL PARA VISITAR TÓDALAS AULAS DO NOSO COLE E TROUXONOS UNS XOGUETES DE AGASALLO. VEU ACOMPAÑADO DO COMBO MUSICAL CANTANDO E TOCANDO UNHA FERMOSA PANXOLIÑA.
REMATAMOS A XORNADA TODAS E TODOS XUNTOS NO PATIO COAS 12 BADALADAS, PRESENTADAS POR ALUMNADO DE 6º DE EP E DOUS EXALUMNOS DO CENTRO.
DESEXÁMOSVOS UNHAS FELICES FESTAS A TODAS E A TODOS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario