Páginas

27/11/2024

TRABALLAMOS COAS ESPIGAS DE MILLO

APROVEITANDO AS ESPIGAS DE MILLO QUE NOS TROUXESTES A COMEZOS DO OUTONO, ORGANIZAMOS UN OBRADOIRO PARA TRANSFORMAR O MILLO EN FARIÑA.

APRENDEMOS PALABRAS NOVAS: ESFOLLAR, DEBULLAR, MOER, FARIÑA, PENEIRA, COADOR, MUÍÑO...

HAI MOITO TEMPO, OS PAIS DOS NOSOS AVÓS E AVOAS,  SOBRE TODO NAS ALDEAS, FACÍAN UNHA SERIE DE TAREFAS RELACIONADAS CO MILLO.

DEBULLABAN  COAS SÚAS MANS AS ESPIGAS  E DEIXABAN OS CAROZOS LIMPOS SEN GRANS. NÓS  TAMÉN DEBULLAMOS!!

ÍAN AO MUÍÑO PARA MOER ESES GRANS DE MILLO. NÓS FIXÉMOLO CUN MUÍÑO ELÉCTRICO E PROBAMOS A  FACELO CUN  MUÍÑO  MANUAL  ANTIGO. HABÍA QUE FACER MOITA FORZA!!

COAS PENEIRAS E COADORES  SEPARAMOS  A FARIÑA MÁIS FINA  DOS RESTOS MÁIS GORDOS QUE  NON NOS VALÍAN.

AO DÍA SEGUINTE, TOCOU OBRADOIRO PARA FACER PAN.  

MESTURAMOS FARIÑA, AUGA, UNHA PINGA DE SAL, LÉVEDO E ... A AMASAR !!!



DEMOS UN POUQUIÑO DE FORMA Á MASA E ... A COCER NO FORNO PARA DESPOIS DEGUSTAR!

















ÑAN, ÑAN, ÑAN, ÑAN!  QUE RICO!
ESTES DÍAS DE TAREFA ACOMPAÑÁMOLOS DUNHA PEZA MUSICAL MOI APROPIADA, A CANTIGA DE MIGALLAS "PAN DE MILLO". ANIMÁDEVOS A CANTALA TAMÉN!

25/11/2024

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

AÍNDA QUE ESTE É UN DÍA ESPECIAL NO QUE LEMBRAMOS A IMPORTANCIA DE ERRADICAR CALQUERA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, A VERDADE É QUE NA AULA É UN DOS TEMAS QUE ACOSTUMAMOS TRABALLAR HABITUALMENTE UNIDO AO TEMA DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES.

ESTE ANO, A CINCENTA FOI A PELÍCULA COA QUE TRABALLAMOS ESTA TEMÁTICA.

TRAS O VISIONADO DE FRAGMENTOS DA PELÍCULA  ESTIVEMOS ANALIZANDO  AS EXPRESIÓNS E A COMUNICACIÓN DAS IRMÁS E DA MADRASTA CON CINCENTA: COMO LLE FALABAN, QUE TAREFAS TIÑA QUE FACER, COMO RESPONDÍA CINCENTA A TODO O QUE ELAS LLE DICÍAN, ... CHEGAMOS Á CONCLUSIÓN DE QUE CINCENTA NON PODÍA SEGUIR ASÍ!

ESTABA FARTA DE TANTOS INSULTOS!
NON QUERÍA SEGUIR TRABALLANDO DE CRIADA!

ASÍ QUE LLE BUSCAMOS UNHA NOVA PROFESIÓN ONDE CINCENTA FOSE FELIZ E  RESPECTADA ...

EN QUE TRABALLO CINCENTA SERÍA FELIZ? AHÍ VAN AS NOSAS PROPOSTAS...








23/11/2024

DÍA MUNDIAL DA PALABRA

O DÍA 23 DE NOVEMBRO CELÉBRASE O DÍA DA PALABRA. NESTE DÍA LEMBRAMOS A IMPORTANCIA DO BO USO DAS PALABRAS COMO A ÚNICA VÍA PARA  O AVANCE PACÍFICO DA SOCIEDADE. 

AS "PALABRAS BONITAS" FANNOS SENTIR BEN, DÁNNOS PULOS, AXÚDANNOS A AVANZAR...; AS "PALABRAS FEAS" FANNOS SENTIR TRISTES, SEN FORZAS, ENOXADOS, SEN FOLGOS... POR ISO, É MOI IMPORTANTE QUE PENSEMOS AS COUSAS ANTES DE DICILAS PARA NON FERIR O CORAZÓN DE NINGÚEN.

O CURSO PASADO COMEZAMOS A EMPREGAR ALGUNHAS "PALABRAS BONITAS": POR FAVOR, GRAZAS, PERDÓN, BOS DÍAS...

ESTE CURSO IMOS AMPLIAR A LISTAXE: DE NADA, PODO,  AXÚDOCHE, BOAS TARDES, BOAS NOITES, BENVIDOS, FELIZ DÍA, NON TE PREOCUPES...

A TRAVÉS DESTA CURTA REFLEXIONAMOS SOBRE O PODER QUE TEÑEN AS PALABRAS. BOTÁDELLE UN OLLO! É MOI INTERESANTE.

ESTES DOUS CONTOS TAMÉN NOS AXUDARON A DARNOS CONTA DE QUE PODEMOS EMPREGAR MÁIS "PALABRAS BONITAS", QUE AS PALABRAS IMPORTAN, IMPORTAN MOITÍSIMO E, SE É POSIBLE NUNCA EMPREGAREMOS "AS PALABRAS QUE LASTIMAN AO CORAZÓN".


POR ÚLTIMO, COMPARTIMOS UNHA CANTIGA QUE NOS LEMBRA ALGUNHAS DESTAS PALABRAS MÁXICAS E CANDO AS PODEMOS EMPREGAR. ANIMÁDEVOS A CANTALA!

22/11/2024

OBRADOIROS DE FAMILIAS: COÑECEMOS VIETNAM.

PARA INAUGURAR OS OBRADOIROS DE FAMILIAS DESTE ANO, COMEZAMOS CUNHA VIAXE A VIETNAM ONDE APRENDEREMOS UN POUCO SOBRE A CULTURA VIETNAMITA:  COMO VISTEN, QUE COMEN, COMO CULTIVAN O ARROZ, UTENSILIOS QUE EMPREGAN PARA COMER, ... E MOITAS COUSAS MÁIS!

NA SEGUNDA PARTE DO OBRADOIRO APRENDEMOS A FACER UN "NÓN LÁ", UN SOMBREIRO VIETNAMITA QUE SERVE PARA PROTEXERSE TANTO DO SOL COMO DA CHOIVA.


MOITÍSIMAS GRAZAS Á NAI DE THIEN, POR ACHEGARNOS UN POUQUIÑO MÁIS Á CULTURA VIETNAMITA.

15/11/2024

XOGAMOS COS ELEMENTOS DO OUTONO!

CON TODOS OS ELEMENTOS DA NOSA MESA DE OUTONO FIXEMOS DIFERENTES XOGOS.  AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGÚNS DELES PARA QUE VEXADES QUE NOS DIVERTIMOS E APRENDEMOS Á VEZ.

1. RECORTANDO FOLLAS SECAS EN ANACOS MOI PEQUENOS,  INICIÁMONOS NO MANEXO DA TESOIRA.

2. COMPOSICIÓN DE PALABRAS CON LETRAS MAGNÉTICAS E PINZAS. TIVEMOS QUE BUSCAR ENTRE OS ANACOS DAS FOLLAS AS LETRAS PARA COMPOÑER O NOME DALGÚNS FROITOS SECOS.

3. VASOS, CASTAÑAS E DADO. HAI QUE POÑER NO VASO TANTAS CASTAÑAS COMO INDICA O DADO, IDENTIFICAR A GRAFÍA DO NÚMERO CORRESPONDENTE E COMPROBAR QUE AS XOGADORAS E OS XOGADORES BOTARÁN NO VASO O NÚMERO DE CASTAÑAS CORRECTO.
4. CREAMOS CARAS COS DIFERENTES ELEMENTOS. EMPREGAMOS UNS AROS OU RECTÁNGULOS PARA DELIMITAR O ESPAZO E ENGADIMOS DIFERENTES ELEMENTOS PARA POÑER OLLOS, BOCA, NARIZ, PELO... AO MESMO TEMPO TRABALLAMOS AS EMOCIÓNS COA COLOCACIÓN DA BOCA E CELLAS.
5. FORMAS XEOMÉTRICAS CON CASTAÑAS. FIXEMOS O CÍRCULO, O CADRADO, O RECTÁNGULO E O TRIÁNGULO CON CASTAÑAS.
6. PENSAMENTO COMPUTACIONAL CO ROBOT DOC. TRABALLAMOS AS EMOCIÓNS,  A ORIENTACIÓN ESPACIAL E O  PENSAMENTO COMPUTACIONAL CON CARTAS.

7. CARTAS DE OUTONO PARA CONTAR E IDENTIFICAR A GRAFÍA DO NÚMERO CORRESPONDENTE POÑENDO UNHA PINZA DA ROPUPA.
8.SERIES DE FROITOS SECOS.
9. CONTAMOS CASTAÑAS. RELACIONAMOS A GRAFÍA DO NÚMERO COA CANTIDADE.

 10. PESAMOS COA BÁSCULA. ESTIMAMOS CO PESO DOS FROITOS SECOS: PESAN MÁIS ..., PESAN MENOS..., PESAN IGUAL.
11. PINTAMOS ÁRBORES DE OUTONO E PEGAMOS FOLLAS TROQUELADAS DAS CORES DO OUTONO.
12. MODELAMOS UN CARACOL DE PLASTILINA CUNHA CASTAÑA SOBRE UNHA FOLLA COAS CORES DO OUTONO.

BO NADAL!

ESTIVEMOS MOI OCUPADAS E OCUPADOS ESTAS ÚLTIMAS SEMANAS DECORANDO AS AULAS E O "COLE", FACENDO AS NOSAS TARXETAS DE NADAL E ESCRIB...