APROVEITANDO AS ESPIGAS DE MILLO QUE NOS TROUXESTES A COMEZOS DO OUTONO, ORGANIZAMOS UN OBRADOIRO PARA TRANSFORMAR O MILLO EN FARIÑA.
APRENDEMOS PALABRAS NOVAS: ESFOLLAR, DEBULLAR, MOER, FARIÑA, PENEIRA, COADOR, MUÍÑO...
HAI MOITO TEMPO, OS PAIS DOS NOSOS AVÓS E AVOAS, SOBRE TODO NAS ALDEAS, FACÍAN UNHA SERIE DE TAREFAS RELACIONADAS CO MILLO.
DEBULLABAN COAS SÚAS MANS AS ESPIGAS E DEIXABAN OS CAROZOS LIMPOS SEN GRANS. NÓS TAMÉN DEBULLAMOS!!
ÍAN AO MUÍÑO PARA MOER ESES GRANS DE MILLO. NÓS FIXÉMOLO CUN MUÍÑO ELÉCTRICO E PROBAMOS A FACELO CUN MUÍÑO MANUAL ANTIGO. HABÍA QUE FACER MOITA FORZA!!
COAS PENEIRAS E COADORES SEPARAMOS A FARIÑA MÁIS FINA DOS RESTOS MÁIS GORDOS QUE NON NOS VALÍAN.
AO DÍA SEGUINTE, TOCOU OBRADOIRO PARA FACER PAN.
MESTURAMOS FARIÑA, AUGA, UNHA PINGA DE SAL, LÉVEDO E ... A AMASAR !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario